Solapas principales

Comezou o I Torneo de Veteranos de Fútbol 7 Bertamiráns FC

Martes, 08 de noviembre de 2011

[08-11-2011] O campo municipal de Bertamiráns acolleu onte á noite o inicio do I Torneo de Veteranos de Fútbol 7 coa celebración da primeira xornada da súa fase de Liga. Este evento está organizado polo Bertamiráns FC en colaboración co Concello de Ames. O primeiro Torneo de Veteranos de Fútbol 7 desenvolverase todos os luns ata o inicio do verán. Este torneo está dirixido aos pais dos xogadores do Bertamiráns FC, que naceron antes do 31 de decembro de 1977, coa salvidade de que dous xogadores de cada equipo podan ter unha data de nacemento posterior. Os equipos están constituídos por un máximo de 12 xogadores.

O Campo Municipal de Bertamiráns acolleu onte á noite o comezo do I Torneo de Veteranos de Fútbol coa celebración da primeira xornada da súa fase de Liga. Este evento está organizado polo Bertamiráns FC en colaboración co Concello de Ames. A competición terá lugar todos os luns ata o inicio do verán.

A competición conta con 8 equipos na súa primeira edición, os cales disputarán unha fase de Liga a dobre volta. Posteriormente disputarase a fase de Copa onde os 8 equipos encadraranse en 2 grupos cunha liga a dobre volta, clasificándose o 1º e 2º equipo para as semifinais.

Alfonso Salgado, director deportivo e vicepresidente do Bertamiráns FC, explicou que "a orixe desta actividade estivo na festa de clausura da anterior tempada, onde se celebrou como actividade unha competición amistosa entre os pais e nais dos distintos equipos. A idea quedou presente e onte comezou este torneo que está orientado principalmente aos pais dos xogadores do Bertamiráns FC, onde tamén teñen cabida o resto dos socios do Bertamiráns FC".

Por outra banda, o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, felicitou ao Bertamiráns FC por esta iniciativa e dixo que "é unha boa forma de impulsar a práctica deportiva no noso concello". Este I Torneo de veteranos está deseñado para os nados antes do 31 de decembro de 1977, coa salvidade de que dous xogadores de cada equipo podan ter unha data de nacemento posterior. Os equipos están constituídos por un máximo de 12 xogadores.

Esta xornada tivo unha gran acollida e un gran número de persoas asistiron ao desenvolvemento dos distintos partidos. Na primeira xornada o Lapido Sport impúxose por sete goles a tres ao Pub Mom@, o Don Budi gañoulle por seis goles a un ao Pedra Salgada -Centro Lexis e o Cafe Bar Coffee gañou por catro goles a dous ao Addomo Arquitectura Modular. O partido entre o Bar Pedregal e o All Bois foi aprazado.