Solapas principales

A Concellaría de Economía e Facenda lanza o novo Calendario fiscal 2020 coas medidas adoptadas durante a crise da Covid-19

Miércoles, 20 de mayo de 2020

A veciñanza amesá pode acceder xa ao novo Calendario fiscal do Concello de Ames para o 2020, onde se recollen ampliacións dos períodos de voluntaria para o pago dos recibos de impostos que máis gravan á cidadanía e empresas coma é o caso do IBI, IAE, IVTM, e indícanse as datas de cargo dos recibos domiciliados, o período voluntario de pago dos recibos non domiciliados e as datas de cargo do recibo domiciliado do IBI mediante o sistema de fraccionamento en dous prazos. Tamén van detalladas as datas para as diferentes taxas e prezos públicos do Concello. A Concellaría de Economía e Facenda incluíu neste novo calendario fiscal as medidas tributarias que se foron tomando atendendo á situación excepcional provocada pola crise da Covid-19, polo que podería sufrir modificacións atendendo a esa excepcionalidade, coa fin de adaptarse a novas necesidades que vaian xurdindo.

O Calendario fiscal do Concello de Ames diferencia as datas de cargo dos recibos domiciliados, o período voluntario de pago dos recibos non domiciliados e as datas de cargo do recibo domiciliado do IBI. Nestes casos, amplíase a voluntaria de dous a catro meses, ao igual que co imposto de vehículos a tracción mecánica e o imposto de actividades económicas.

Tamén se amplía a primeira data de cargo establecida para quenes estexan acollidos ou soliciten agora antes do 30 de xuño o sistema de fraccionamento en dous prazos do IBI, que sería o 50% do recibo o 30 de xullo e o outro 50% a segunda data de cargo que será o 20 de outubro.

Taxas e Prezos Públicos
A través do novo Calendario fiscal do Concello de Ames, a veciñanza amesá pode consultar tamén as datas de cargo dos diferentes recibos de varias taxas e prezos públicos. Tamén se ampliou nun mes máis, de 2 meses a 3 meses o período de pago da voluntaria da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana, saneamento e depuración e subministro de auga; recóllense tamén no calendario a taxa pola actividade administrativa do cemiterio municipal; a taxa pola entrada de vehículos e reservas da vía pública, que amplía a voluntaria de de dous a catro meses; a taxa pola utilización privativa do dominio público local de caixeiros automáticos; a taxa pola prestación dos servizos complementarios educativos e de conciliación (Bos Días Cole, Comedores e Tardes Divertidas); a taxa pola prestación do servizo de Axuda no Fogar; e as taxas dos servizos complementarios dos programas de conciliación Nadal Lúdico, Entroido Lúdico e Setembro Lúdico.

No Calendario tamén podemos consultar os períodos de pago, nas súas diferentes modalidades, para os prezos públicos da Escola de Música e das escolas infantís municipais.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destaca que “con este novo Calendario Fiscal para o 2020 recóllense medidas tributarias como a ampliación de prazos de pago en voluntaria, ou acollemento ao sistema especial pago do IBI fraccionado, facilidades fraccionamento débedas, etc. medidas que facilitan o pago de impostos e taxas e que van complementar outras axudas que se están a implantar desde o Concello. Calendarizando estes pagos, as familias e empresas poderán acollerse ao sistema que máis lle interese e poderán facer unha mellor planificación”.

Calendario fiscal do Concello de Ames para 2020

Multimedia

  • Calendario fiscal do Concello de Ames para 2020