- Tematica
O concelleiro de Educación, David Santomil, mantivo unha xuntanza cos cinco directores e directoras do CEIP de Barouta, CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, CEP Ventín e EEI do Milladoiro, no Pazo da Peregrina, para falar do plan de reparación e mantemento de patios escolares. Estas actuacións xa foron autorizadas pola Xefatura Territorial de Educación da Xunta de Galicia. Realizaranse en dúas anualidades, 2021 e 2022, en todos os centros escolares de ensino infantil e primaria de Ames.
A través de dito plan o Concello de Ames realizará traballos de reparación e mantemento nos patios dos centros escolares de ensino infantil e primaria do concello de Ames. Deste xeito, realizaranse actuacións de nivelado, pulido e pintado das pistas dos pavillóns escolares, para facilitar a práctica deportiva e as actividades do centro escolar, así como o acondicionamento das áreas de xogo e lecer.
Xuntanza cos directores/as dos centros escolares
O concelleiro de Educación, David Santomil, anunciou estas actuacións na xuntanza mantida no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, cos cinco directores e directoras do CEIP de Barouta, CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, CEP Ventín e EEI do Milladoiro.
Ademais, en dita reunión abordáronse outros asuntos, como a situación sanitaria e de escolarización, a situación lingüística do galego na escola, o transporte escolar, os programas de conciliación municipais, a seguridade viaria e o uso de instalacións dos centros escolares.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Destinan 65.000 euros a reparar y preservar los patios escolares de Ames"
Compostela 24horas: "65.000 euros á reparación e mantemento de patios escolares en Ames"
El Correo Gallego: "Cocina central con lavadero para alimentar a 1.400 escolares al día"