- Tematica
A concelleira de deportes, Susana Señorís, visitou á rapazada que este verán aprende a nadar ou perfecciona estilo nos cursos que se imparten nas piscinas descubertas de Bertamiráns e de Milladoiro. A concelleira tamén se achegou á praia de Tapia onde rapaces e rapazas de entre oito e catorce anos reciben clases de piragüismo.
Nos meses de xullo e agosto o concello de Ames, a través da concellaría de deportes, imparte clases de natación nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e de piragüismo na praia fluvial de Tapia. Estes días o alumnado que aprende a nadar e a padexar, nalgúns casos, ou que adquire técnicas de perfeccionamento nestas dúas disciplinas deportivas, recibiu a visita da concelleira de deportes, Susna Señoris.
“Aínda que este verán está sendo un pouco distinto aos outros veráns, quixemos que se mantivesen os cursos que se viñan facendo desde a Concellaría de Deportes,sempre, claro está tendo en conta todas as medidas sanitarias que que debemos cumprir e que implican, tamén no eido do deporte, gardar a distancia de seguridade, desinfectar as instalacións....” declarou a concelleira. Señorís amosuse satisfeita de que “malia a todo, e a pesares das dificultades, este verán houbo rapaces e rapazas que aprenderon a nadar e a padexar a través dos cursos do cocnello”.
Os cursos de natación están divididos en catro quendas, organizadas en función da idade dos/as participantes. Á quenda das 11:15h acoden os rapaces e as rapazas que superen os 10 anos de idade, mentres que ás 12:00h é a quenda dos/as nenos/as de 8 e 9 anos. A continuación, ás 12:45h, entra na piscina a rapazada de 6 e 7 anos, aos que lle siguen os cativos e cativas de entre 3 e 5 anos que entran na piscina a partir das 13.30horas. Todas as clases impártense nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e na do Milladoiro.
Os cursos de piragüismo impártense na praia fluvial de Tapia os luns, mércores e venres. Está dirixidos a nenos/as nados entre o 2006 e o 2012.