Solapas principales

A Concellería de Igualdade organiza unha charla sobre "Como evitar relacións tóxicas" dentro da campaña NON ESTÁS SOA!

Martes, 01 de septiembre de 2020

A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero, Mónica Novas Dios, impartirá este xoves, 3 de setembro, unha charla na que dará as claves de “Como evitar as relacións tóxicas“, dentro da campaña Non estás soa! O coloquio, organizado pola Concellería de Igualdade, celebrarase ás 11.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e terá entrada de balde previa inscrición. As inscricións pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo infoigualdade@gmail.com ou a través do teléfono/whatsapp 682 660 580.

Entre as cuestións que se abordarán na charla inclúese as definicións de relación tóxica e relación sa, as claves para identificar unha relación tóxica (con exemplos destes tipo de vínculos perniciosos) e as causas que nos levan a establecelas e a mantelas. A través desta actividade tamén se aportarán ferramentas para poñer fin a unha relación tóxica e os propios participantes plantexaranse a pregunta de se eles mesmos son ou se comportan como persoas tóxicas.

Mónica Novas Dios conta con 15 anos de contrastada experiencia en psicoloxía clínica e formación contra a violencia de xénero, colaborando en diversas campañas e programas de sensibilización, información e concienciación.

Todas aquelas persoas que queiran inscribirse poderán facelo de xeito totalmente gratuíto a través da dirección de correo electrónico infoigualdade@gmail.com ou do teléfono/whatsapp 682 660 580.

Esta actividade de sensibilización está subvenciona con fondos do Pacto de Estado. Este ano a Concellaría de Igualdade recibiu material tamén financiado con fondos do Pacto de Estado consistente en libretas cun directorio e unhas sinais de tráfico con imaxes en relación á erradicación da violencia de xénero que, seguramente, se colocarán co inicio do curso escolar. As libretas conteñen un directorio de teléfonos e serán entregadas as persoas usuarias do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames.

Campaña de sensibilización NON ESTÁS SOA!
Esta campaña de sensibilización NON ESTÁS SOA! está dirixida especialmente a xente máis moza co que coincide temporalmente co inicio do curso escolar.

A concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo, explica que “a través do material elaborado pretendemos por un lado dar a coñecer os recursos existentes no noso Concello a través destas libretas/axendas, para que precisamente saiban que non están soas, e sensibilizar e visibilizar a lacra que seguimos sufrindo as mulleres polo simple feito de selo, a través da colocación de sinais de tráfico con diferentes lendas (respecto, libre de violencias,...) nas entradas dos centros escolares e prazas do concello”.

Cartel informativo da charla "Como evitar relacións tóxicas"