Solapas principales

Concello e Deputación investirán preto de 80.000 euros nas obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque

Sábado, 21 de diciembre de 2024

O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, vai realizar obras de mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque, situada na localidade de Bertamiráns. Esta actuación ten un orzamento de 78.920,40 euros, dos cales o organismo provincial achega 52.000 euros e o Concello de Ames pon o importe restante, 26.920,40 euros. Este venres, 20 de decembro, o salón de plenos da Casa do Concello acolleu o acto de sinatura entre o alcalde de Ames, Blas García, e o deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Luis Penas. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, e maila secretaria municipal.

O proxecto inclúe a mellora térmica da cuberta e fachadas dos módulos da parte traseira da escola, para evitar posibles filtracións de auga e maila mellora das condicións térmicas destas instalacións. O alcalde, Blas García destacou a importancia de que se realicen estas obras de mellora na escola e agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña, institución coa que dende o Concello de Ames se mantén un diálogo bidireccional fluído.

A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, destacou que “despois de varios meses á espera desta sinatura, por fin quedou formalizada. Para o Concello de Ames é moi satisfactorio e importante este convenio, porque permite seguir garantindo uns servizos municipais de calidade, como neste caso os que ofrece o persoal da escola infantil municipal O bosque”.

Para iso cóntase cun orzamento de 78.920,40 euros, dos cales o organismo provincial achega 52.000 euros e o Concello de Ames pon o importe restante, 26.920,40 euros. Estas obras poderanse realizar grazas á colaboración da Deputación da Coruña, que achega arredor do 65% do importe do orzamento do proxecto. O 35% restante do orzamento achegarao o Concello de Ames.

Características das obras
Este venres, 20 de decembro, o salón de plenos da Casa do Concello acolleu o acto de sinatura entre o alcalde de Ames, Blas García, e o deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Luis Penas. Acto ao que asistiu tamén a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, e maila secretaria municipal.

O obxectivo destas obras é acondicionar a cuberta e mailas fachadas desta escola infantil municipal e ao mesmo tempo mellorar tamén ás condicións térmicas do edificio. Actualmente preséntanse problemas de estanqueidade na cuberta do edificio, así como filtracións de auga pola súa base nas zonas onde se atopa a rentes co pavimento existente.

A finalidade das obras que se pretenden executar é deter o deterioro ao que se atopa sometida a cuberta da edificación existente, mellorando a eficiencia enerxética da mesma. Ao mesmo tempo, plantéxase unha nova envolvente que mellore o comportamento térmico do mesmo. Terá lugar un leve aumento da altura da cuberta dado a solución proposta, respectando a normativa vixente e os parámetros que establece o PXOM do Concello de Ames.

Sinatura convenio Deputación