Solapas principales

Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este xoves 21 de xaneiro

Miércoles, 20 de enero de 2021

A Xunta de Galicia publicou no DOG este martes, 19 de xaneiro, a actualización das medidas que lle afectan ao territorio galego para facer fronte á pandemia provocada pola Covid-19. No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste xoves, 21 de xaneiro, actualízanse as medidas de nivel máximo. Deste xeito, establécense novas restricións para a práctica de deporte federado e non federado. No caso de Ames, as veciñas e veciños que practiquen algún deporte federado, de xeito individual ou en grupos de ata 4 persoas, tan só se poderán desenvolver os adestramentos dentro do termo municipal, que se encontra pechado perimetralmente, e cumprindo en todo caso o toque de queda. Preme nesta ligazón para consultar as restricións actualizadas de nivel máximo que lle afectan ao concello de Ames.

A Xunta de Galicia, en virtude das súas competencias publicou este martes, 19 de xaneiro do 2021, a Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020 de medidas contra a Covid-19 e mailo Decreto 5/2021 do 19 de xaneiro polo que se modifica o Decreto 202/2020 do 3 de decembro de medidas contra a Covid-19.

Dende o Concello de Ames faise un chamamento ao autoconfinamento e solicítaselle á veciñanza, que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible, nin fagan desprazamentos fóra do concello, salvo aqueles que sexan necesarios e debidamente xustificados, limitando así ao máximo á súa vida social. Todas as recomendacións realízanse tendo en conta o número de casos positivos no concello de Ames.

Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Ademais, incídese que nesta nova etapa de restricións é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da COVID-19. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.

A actualización das restricións establecen, entre outras, novidades respecto da actividade deportiva:

En instalacións deportivas; en ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios e zonas de duchas, podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares. A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de cada uso, así como á finalización da xornada.

Competicións deportivas e adestramentos de persoas federadas; quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva prevista neste punto, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.

No caso de Ames, as veciñas e veciños que practiquen algún deporte federado, de xeito individual ou en grupos de ata 4 persoas, tan só se poderán desenvolver os adestramentos dentro do termo municipal, que se encontra pechado perimetralmente, e cumprindo en todo caso o toque de queda. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

Ademais, seguen vixentes as restricións que entraron en vigor o pasado 15 de xaneiro:

-Peche perimetral exclusivo para o municipio de Ames. A veciñanza amesá tan só poderá saír do municipio por causa xustificada (traballo, estudos ou asistencia a centros sanitarios, entre outros motivos).
-A restrición de mobilidade nocturna adiantase ás 22.00 horas.
-Establécense xuntanzas de máximo catro persoas (non deberán xuntarse non conviventes despois das 18.00horas).
-Peche da hostalería será ás 18.00 horas. Só se poderá atender á clientela en terraza. Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50% das mesas. Permítese a entrega a domicilio.
-No comercio aforo reducido ao 50% da capacidade total. O peche dos establecementos comercias queda establecido nas 21.30 horas.
-Suspéndese o mercado ambulante dos sábados en Bertamiráns.
-Procédese ao peche doas parques infantís, parques biosaudables e pistas deportivas ao aire libre.

Cartel informativo sobre a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames