Solapas principales

Continúa o programa musical “O domingo á tarde” cun concerto do grupo Battosai

Viernes, 19 de marzo de 2021

Este domingo, 21 de marzo, continúa o programa musical “O domingo á tarde” coa segunda sesión de música en directo. Desta volva, actuará o grupo Battosai, que vén recentemente de ser premiado no Xuventude Crea. Trátase dunha nova iniciativa da Concellería de Cultura, a través da cal se trata de poñer en valor aos grupos locais de Ames. Este programa musical estreouse o pasado domingo 14 coa actuación de Javier Constenla e Pilar Martínez. As actuacións, que comezan ás 20:00 horas, son en rigoroso directo en liña. O programa rematará o domingo 28 de marzo co grupo de pandereteiras As Maianas. Para ver ditas actuacións hai que acceder a esta canle de YouTube.

A situación actual está a restrinxir as posibilidades de actuacións musicais ao vivo. Con todo, a demanda de contidos musicais segue intacta, e así o demostra o incremento de consumo en liña. Neste contexto, son contadas as ocasións nas que se pode atopar un contido musical dixital cun bo soporte e calidade técnica, sobre todo se falamos de concertos ao vivo.

Dende o primeiro momento no que a pandemia chegou, a Concellería de Cultura apostou por programar sempre que se poida, e reprogramar cando non sexa posible. Partindo desta idea, o departamento de Cultura puxo en marcha o programa O domingo á tarde, un proxecto ambicioso, con idea de darlle continuidade. Trátase dunha proposta para desenvolver unha programación musical en liña, que sirva como plataforma para mostrar, apoiar e reunir aos grupos locais, de xeito que se combinen propostas minoritarias con outras xa coñecidas e maioritarias.
Este programa comezou o pasado domingo, 14 de marzo, coa actuación de Javier Constenla e Pilar Martínez, cun repertorio selecto de clásicos do Jazz.

Actuación do grupo Battosai
Este domingo, 21 de marzo, continúan as actuacións. Desta volta, é a quenda do grupo Battosai, que vén recentemente de ser premiado no Xuventude Crea.

O concerto de Battosai será ás 20:00 horas e, como en cada concerto, o espectáculo estará introducido e presentado por Adrián Cunha, fotógrafo, realizador e presentador relacionado co mundo do espectáculo, tanto no eido familiar como profesional.

O presentador nos previos á actuación, manterá unha breve entrevista informal cos artistas a través dun chat que estará activo antes, durante e despois do concerto. Todos as actuacións realizaranse no estudio de gravación A Ponte e estarán dirixidas por Tomás Ageitos.

O programa rematará o domingo 28 de marzo, coas pandereteiras Ás Maianas.

Para ver ditas actuacións hai que acceder a esta canle de YouTube. Tamén se pode seguir a través de Facebook, Twitter, Instagram e Linktree.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames acolle un concerto do grupo Battosai que se seguirá en streaming"

cartel Battosai