Solapas principales

Continúan en febreiro as andainas circulares de SaúdeAndo

Miércoles, 07 de febrero de 2024

O programa SaúdeAndo 2024 continúa no mes de febreiro con cinco novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O programa SaúdeAndo inclúe un total de 39 andainas ao longo de todo o ano (exceptuando os meses de xullo e agosto), con 21 saídas desde o centro de saúde do Milladoiro e outras 18 desde o de Bertamiráns. Este ano, comezaron o pasado 11 de xaneiro no Milladoiro, e o 18 de xaneiro en Bertamiráns, ás 17:30 horas.

Ao longo de todo o mes de febreiro haberá un total de cinco andainas, tres en Bertamiráns (unha foi o pasado 1 de febreiro, o 15 e o 29) e dúas no Milladoiro (os días 8 e 22). As sesións, para as que non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Datas do SaúdeAndo 2024
Xa se coñecen todas as datas das andainas do SaúdeAndo deste ano, que comezan os xoves ás 17:30 horas nos centros de saúde de Bertamiráns e no Milladoiro.

No Milladoiro haberá andainas, nos días 8 e 22 de febreiro; 7 e 21 de marzo; 4 e 18 de abril; 2, 16 e 30 de maio; 13 e 27 de xuño; 5 e 19 de setembro; 3, 17 e 31 de outubro; 14 e 28 de novembro e 12 de decembro.

Pola súa banda, Bertamiráns contará con saídas os días 15 e 29 de febreiro; 14 de marzo; 11 e 25 de abril; 23 de maio; 6 e 20 de xuño; 12 e 26 de setembro; 10 e 24 de outubro; 7 e 21 de novembro; e 5 e 19 de decembro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames programa cuatro caminatas circulares hasta final de mes"

Continúan en febreiro as andainas circulares de SaúdeAndo

Multimedia

  • Andainas circulares de SaúdeAndo no Milladoiro
  • Andainas circulares de SaúdeAndo en Bertamiráns