Solapas principales

A Corporación Municipal agradeceu o traballo realizado pola comunidade educativa no curso 2020/21

Miércoles, 30 de junio de 2021

O luns, día 28 de xuño, os representantes dos grupos municipais da Corporación Municipal recibiron no salón de Plenos do Concello de Ames aos directores/as dos centros escolares públicos de Ames.

O obxectivo da recepción oficial foi agradecer o traballo realizado pola comunidade educativa de Ames, representada a través dos directores e directoras dos centros escolares.

Deste xeito, foron recibidos pola Corporación Municipal os seguintes centros educativos públicos:
As Escolas Infantís Municipais EIM O Bosque e EIM Madalena; as Escolas Infantís da Rede Galiña Azul EI Figueiras - Milladoiro e EI Bertamiráns, o CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP Barouta, CEP Ventín, EEI Milladoiro, IES de Ames e IES do Milladoiro. Desculparon a súa ausencia por motivos de axenda a EEI de Ortoño e a EEI de Covas.

No acto participaron representantes de todos os grupos políticos da Corporación Municipal. O concelleiro de Educación David Santomil e o Alcalde de Ames Blas García presidiron o acto con palabras de agradecemento para o conxunto da comunidade educativa, representada polos directores e directoras dos centros escolares, que fixeron extensible ao alumnado, docentes, persoal non docente, conserxerías, limpeza, dos servizos complementarios de educación e as ANPAS. De seguido realizouse unha rolda de intervencións dos grupos políticos e dos representantes da comunidade educativa.

Todas as intervencións coincidiron da complexidade dun curso escolar marcado pola incidencia da pandemia e a aplicación dos protocolos que permitiron que a incidencia da COVID na comunidade educativa fora mínima. Neste senso, destacouse a responsabilidade do alumnado como principal colectivo homenaxeado neste acto.

A xornada finalizou coa entrega dun agasallo de agradecemento a cada centro escolar de Ames e o recoñecemento público ao traballo realizado polo conxunto da comunidade educativa, que consistíu nunha cuncha de vieira realizada en encaixe por Ana Rosa Lista.

A Corporación Municipal agradeceu o traballo realizado pola comunidade educativa

Multimedia

  • A Corporación Municipal agradeceu o traballo realizado pola comunidade educativa
  • A Corporación Municipal agradeceu o traballo realizado pola comunidade educativa no curso 2020/21