Solapas principales

A Corporación municipal de Ames comprométese co uso da lingua galega

Sábado, 01 de junio de 2024

O proxecto “Modo galego, actívao!”, unha experiencia de inmersión lingüística na que participaron preto de 2.000 alumnos amesáns dos centros educativos de infantil e primaria, esténdese ata a Corporación municipal. As concelleiras e concelleiros de todas as agrupacións comprometéronse no pasado pleno a empregar o galego polo menos durante tres semanas en todos os ámbitos da vida.

No último pleno do mes de maio, celebrado o pasado día 30, a corporación municipal do Concello de Ames foi convidada pola Real Academia Galega a activar o “Modo galego”. Así, concelleiras e concelleiros de todos os partidos políticos asinaron un documento mediante o cal se comprometeron a fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos da súa vida durante, polo menos, tres semanas.

O reto da inmersión lingüística comezou o 13 de maio
O Seminario de Sociolingüística da RAG encárgase de novo do asesoramento e da posterior avaliación do proxecto, que ten na experiencia do compromiso coa inmersión lingüística un dos seus piares. Nesta ocasión a proposta que retou a máis de 2.000 nenos e nenas a empregar o galego polo menos durante tres semanas en todos os ámbitos da vida. Este reto estenderase ata o final do mes das Letras Galegas.

A idea inspírase en 21 días co galego, o programa posto en marcha pola profesora Pilar Ponte, pero coa particularidade de implicar por primeira vez, dende a súa estrea o curso pasado, as escolas dun mesmo concello a un tempo e estenderse a outras actividades educativas, complementarias e extraescolares de xestión local.

Por outra banda, a experiencia de compromiso lingüístico, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames e a Real Academia Galega, comezou o pasado 6 de maio, cunha charla impartida por Manuel Núñez Singala ás educadoras e as familias da Escola Infantil Municipal A Madalena. Esta foi a primeira dunha serie de charlas informativas impartidas polo escritor, divulgador e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. O día 7 estivo na Escola Infantil Municipal O Bosque, e o 15 de maio impartiu unha sesión aberta a todas as familias e profesionais da educación de Ames na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Nestas charlas compartiu coas persoas asistentes unha intervención na que incidiu no aproveitamento das posibilidades dunha comunidade bilingüe inserida nun mundo multilingüe, prestándolle especial atención á especificidade do traballo con nenos e nenas que están aprendendo a falar.

O programa incluiu ademais estratexias para promover o compromiso lingüístico non só do alumnado e do profesorado, senón tamén das familias e do monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Compromiso por escrito dos compoñentes da Corporación de Ames para vivir en galego durante cando menos vinte e un días"

A corporación municipal de Ames comprométese co uso da lingua galega

Multimedia

  • A corporación municipal de Ames comprométese co uso da lingua galega