Solapas principales

A Corporación municipal suspende o pleno e garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da Dana

Jueves, 31 de octubre de 2024

A Corporación municipal de Ames deduciu suspender o pleno ordinario de outubro que se ía celebrar hoxe día 31, ás 20.30 horas, como mostra de apoio ás miles de persoas afectadas pola DANA. A decisión de suspender a sesión plenaria tomouse este pasado xoves pola tarde en Xunta de voceiros/as. Dito pleno celebrarse o vindeiro mércores 6 de novembro ás 20.30 horas. Ademais, esta mañá gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas polos efectos da DANA que afectou as comunidades de Valencia, Castela-A Mancha e Andalucia. As bandeiras da Casa do Concello ondean a media asta como sinal de sinal de dor.

O Concello de Ames sumouse esta mañá a outras administracións e institucións e gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas que deixa a DANA nas provincias de Albacete e Cuenca, así como na Comunidade Valenciana, que está sendo o lugar máis afectado por este fenómeno meteorolóxico.  

Deste xeito, esta mañá realizouse unha concentración para renderlle unha pequena homenaxe e mostrar o pesar polas persoas falecidas, e como mostra de solidariedade coas familias das vítimas e con todas as persoas feridas. Neste acto participaron membros da Corporación e persoal municipal.

Dende o Concello de Ames trasládase unha mensaxe de solidariedade coas familias das vítimas, así como coas persoas feridas e cos afectados polos efectos da DANA. Tamén se expresa o máximo recoñecemento ao traballo desempeñado polos corpos de seguridade que traballan para restablecer a normalidade.

O alcalde, Blas García, mostra a súa solidariedade e a de toda a Corporación municipal coas familias das vítimas, así como con todas as persoas afectadas pola DANA. Ademais, agarda que se atopen as persoas desaparecidas o antes posible.

Blas García destaca que “dende o Concello de Ames trasladamos todo o noso apoio e a nosa forza aos concellos e institucións afectados pola DANA, pero sobre todo neste momento en quen máis pensamos e nas familias das persoas falecidas e desaparecidas, así como nas persoas que perderon as súa vivendas. Foi unha noite tráxica e de moito sufrimento, e dende Ames, como concello solidario que somos, aí estaremos apoiando e axudando en todo o que sexa necesario”.

Suspéndese o pleno de outubro
Por outra banda, este mércores pola tarde decidiuse en Xunta de voceiros/as, suspender o pleno ordinario de outubro que se ía celebrar hoxe día 31, ás 20.30 horas, como mostra de apoio ás miles de persoas afectadas pola DANA. Dito pleno celebrarse o vindeiro mércores 6 de novembro ás 20.30 horas.

Neste senso, o rexedor municipal explica que “onte nunha xuntanza que mantivemos os voceiros e voceiras do Concello de Ames, acordamos suspender o pleno que íamos a celebrar este xoves, e dámoslle traslado ao vindeiro mércores, porque agora o que toca é solidarizarse con todas as persoas afectadas polos tráxicos sucesos acontecidos”.

A Corporación municipal suspende o pleno e garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da Dana

Multimedia

  • A Corporación municipal suspende o pleno e garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da Dana
  • A Corporación municipal suspende o pleno e garda un minuto de silencio en memoria das vítimas da Dana