Solapas principales

As crianzas das escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena celebraron o pasado venres o Entroido

Lunes, 24 de febrero de 2020

As escolas infantís municipais do Bosque e A Madalena celebraron o pasado venres, 21 de febreiro, as súas respectivas festas de Entroido. Na Escola Infantil Municipal do Bosque a temática para disfrazarse foi as flores, mentres que na Escola Infantil Municipal da Madalena, os insectos. Ambas escolas desfrutaron de festas de Entroido coas familias, que este ano foron do máis animadas debido a que foron  moitos os papás e mamás que se animaron a ir disfrazados coas súas crianzas.

A Escola Infantil Municipal do Bosque elixiu como temática de Entroido para este ano as flores. A escola conta con oito aulas diferentes, e cada unha delas foi dunha especie de flor diferente. Desta maneira, os pequenos e pequenas foron realizando os seus propios disfraces na aula durante os días previos á celebración.

Chegado o 21 de febreiro, as nenas e nenos da escola celebraron o Entroido pola mañá coas súas profesoras, con música, bailes e piñata. Mentres que pola tarde, as familias sumáronse á celebración, asistindo, se o querían, disfrazadas. Nunha tarde no que o bo tempo acompañou, a festa tivo lugar no patio, onde houbo merenda de pratos típicos de Entroido e moita festa.

En canto á Escola Infantil Municipal da Madalena, as crianzas foron preparándose durante toda a semana para a festa do venres. Cada día da semana foron levando algún tipo de complemento ou accesorio de Entroido, e o xoves, tanto alumnos/as como profesoras asistiron á clase disfrazados en pixama.

Ao igual que no Bosque, o venres desfrutaron da súa festa de entroido. Pola mañá, realizaron o seu propio desfile na escola, tendo como temática os insectos. Así, cada clase disfrazouse dun bicho diferente: arañas, formigas, grilos, bolboretas... E xa pola tarde, tivo lugar a festa cos pais e nais con música e comida de Entroido coa que colaboraron as familias. Unha celebración do máis animada xa que este ano foron moitos os papás e mamás que se animaron a disfrazarse cos seus pequenos e pequenas.

Entroido A Madalena

Multimedia

  • Entroido A Madalena
  • Entroido A Madalena
  • Entroido A Madalena
  • As crianzas das escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena celebraron o pasado venres o Entroido
  • Entroido O Bosque
  • Entroido O Bosque
  • Entroido O Bosque
  • Entroido O Bosque
  • Entroido O Bosque
  • Entroido O Bosque