- Tematica
Esta pasada fin de semana, do 9 ao 10 de novembro, celebrouse en Tarragona a sexta xornada da Liga Nacional de Karate. Nesta cita, a deportista amesá, Olivia Parga, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.
A pasada semana, a deportista do Milladoiro, Olivia Parga Garcia, gañou a medalla de ouro na VI xornada da liga española de karate. Deste xeito, conseguiu o pase para desputar a fase final que se celebrará no mes de decembro en Pontevedra.
Así mesmo, durante a fin de semana participou nun adestramento convocado pola Federación Española de Karate para o proxecto solidario “Obxectivo Senegal”.
Parga, que actualmente ocupa o cuarto posto no ranking nacional, ven de realiza unha gran tempada. No pasado mes de febreiro conseguiu a medalla de ouro na I xornada da Liga Nacional celebrada en Avila; e no mes de abril participou no Campionato de España de Karate celebrado en Guadalajara, no que logrou a medalla de bronce en kumite xuvenil en 37 kg, sendo así unha das tres deportistas que alcanzou o metal de toda Galicia. Ademais, nos últimos tres anos foi campioa galega en kumite xuvenil.