Solapas principales

A Deputación colabora con Ames en materia tributaria asumindo a inspección do IAE

Lunes, 22 de marzo de 2021

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, asinaron esta mañá un convenio a través do cal o ente provincial asume todas as funcións e atribucións necesarias para levar a cabo o exercicio de inspección do imposto sobre actividades económicas e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións. No acto de sinatura de dito convenio tamén participou a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero.

Esta mañá asinouse un convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ames  para a inspección do imposto sobre actividades económica (IAE) e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións. A través do acordo, que foi asinado esta mañá polo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, e o alcalde do Concello, Jose Miñones, o ente provincial asume todas as funcións e atribucións necesarias para levar a cabo o exercicio de inspección do IAE.

Deste xeito, correspóndelle á Unidade de Inspección da Deputación a instrución e resolución dos expedientes de inspección e sancionadores do IAE e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións. Pola súa banda, o Concello debe ofrecer a súa colaboración no desempeño destas tarefas cun funcionario do cadro de persoal. Tamén poderá recadar os apoios externos que lle solicite a Deputación a través de empresas colaboradoras ou outras fórmulas que considere.

“Este acordo permitirá mellorar a xestión municipal, permitindo ademais reducir a taxa que ten que aboar o Concello pola recadación líquida obtida na inspección”, indica o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. Na actualidade, 82 concellos da provincia delegaron o imposto ao ente provincial.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destaca que “con este convenio volvemos a poñer en valor o traballo conxunto e a colaboración entre administracións coa Deputación da Coruña, avanzando na mellora dos modelos de xestión tributaria, e conseguindo ademais a redución á metade da taxa que abona o Concello pola recadación derivada da inspección do IAE”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La Diputación asumirá la inspección sobre el IAE de Ames y el proceso sancionador"

Lindeiros: "Ames cede a inspección do IAE á Deputación"

A Deputación colabora con Ames en materia tributaria asumindo a inspección do IAE

Multimedia

  • A Deputación colabora con Ames en materia tributaria asumindo a inspección do IAE