- Tematica
O rock galego dáse cita este venres 30 de xullo no Milladoiro da man da décima edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Os concertos comezarán ás 9 da noite na rúa Travesía do Porto. Organizado pola concellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Os convites para asistir á festa do rock xa están esgotados.
Un ano máis, o Milladoiro convértese en punto de encontro para os/as amantes do rock a través do festival Millarock, que este ano celebra a súa décima edición. O cartel estará formado polos grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Os convites para asistir a esta festa do rock xa están esgotados.
O grupo compostelán Desequilibrio Mental formouse no ano 2002 co afán de acercar o rock e o metal ao público mediante a lingua galega. Desequilibrio Mental ten ás súas costas un gran número de concertos e de festivais e alá onde vai sorprende co seu potente directo.
Terbutalina somérxese no garage punk dende o ano 2010. O quinteto destaca polas súas letras cheas de humor, retranca, irreverencia e textos politicamente incorrectos. Os de Muros chegan ao Milladoiro coa promesa de converter o seu directo nunha auténtica festa.
Por último, o grupo composto por mulleres, Bala, presentará o seu novo albume “Maleza”. Bala formado por Ánxela Baltar e Violeta Mosquera, en 2014, converteuse en toda unha sensación no mundo do punk rock. Agitar, un dos seus singles máis famosos, é un habitual das listas dos 40 Principales e Europa FM.
Bandas consolidades, rock en galego e voces femininas son os ingredientes deste décimo Millarock.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "O Millarock terá a Bala como cabeza de cartel"
La Voz de Galicia: "El rock gallego se da cita en el Millarock"
Revista AmesGO: "O Millarock regresa pola porta grande para celebrar a súa décima edición"