- Tematica
Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) ofrecerán do 11 ao 20 de xuño unha serie de audicións de violín, guitarra, piano e canto, no edificio multiusos de Aldea Nova. As audicións de fin de curso, que comezarán a diferentes horas, teñen como obxectivo que o alumnado da EMMA poida amosar as súas familias e amizades o traballo desenvolvido desde o inicio do curso.
Continúan as audicións de fin de curso do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames. Esta semana terán lugar as de violín, guitarra e piano, e a próxima semana canto moderno, nas que participan alumnos e alumnas de todas a as idades. Estas breves actuacións son fundamentais para a formación musical do alumando e completan a súa aprendizaxe permitindo acadar un dos obxectivos fundamentais da música: compartila cos demais.
Por iso estas audicións son abertas a todas as persoas e son especialmente recomendables para aquelas que estean interesadas en coñecer a Escola municipal de música ou estean a decidir que instrumento lles gustaría aprender a tocar. Ademais, haberá outra cita especial o día 21 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa de Cultura de Bertamiráns, onde se celebrará o concerto de fin de curso para pechar o curso da Escola municipal de música de Ames.