- Tematica
Dende este luns, 2 de setembro, pódense realizar os trámites de preinscrición e renovación de matrícula nas Escolas Deportivas municipais do Cocnello de Ames. O prazo estará aberto ata o 13 de setembro, ás 13:00 horas. A inscrición pódese realizar de forma presencial ou telemática. Este ano as autoliquidacións non se farán no Concello, senón que haberá que solicitar o impreso de pagamento nas oficinas municipais de Recadación. Tamén se pode facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria. As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudicaranse nun sorte público que se desenvolverá o 18 de setembro, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Posteriormente, o venres 20 de setembro, farase pública a listaxe coas persoas admitidas.
Un ano máis abre o prazo de renovación de matrícula e de preinscrición nas Escola deportivas municipais. O procedemento de renovación consiste en formalizar a matrícula de forma presencial nos locais habilitados, Casa da Cultura do Milladoiro e Casa do Concello, en Bertamiráns. Tamén se pode facer de xeito telemático baixando a documentación no apartado de Trámites e Servizos da páxina web municipal e enviando a folla de inscrición cuberta por correo electrónico a oficina do Milladoiro deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou á oficina de Bertamiráns deportes@concellodeames.gal.
Por último, hai que solicitar a autoliquidación nas oficinas de Recadación e realizar o pagamento ata o 13 de setembro. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6. Tamén cabe a posibilidade de enviar un correo a ames@canaltributos.com, chamar ao número de teléfono 981 88 48 96, ou facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria. No caso de non realizarse o pagamento non prazos sinalados entenderase a renuncia á praza solicitada.
Tramitación da preinscrición
Para realizar a preinscrición hai que solicitar o impreso de matrícula de forma presencial nos locais habilitados (na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Casa do Concello en Bertamiráns). Tamén se pode facer de forma telemática baixando a documentación do apartado de Trámites e Servizos da páxina web municipal e enviar a folla de inscrición cuberta por correo electrónico a oficina do Milladoiro deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou á oficina de Bertamiráns deportes@concellodeames.gal.
As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudicaranse nun sorte público que se desenvolverá o 18 de setembro, ás 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Posteriormente, o venres 20 de setembro, farase pública a listaxe coas persoas admitidas.
Despois hai que solicitar a autoliquidación nas oficinas de Recadación e realizar o pagamento do 20 ao 26 de setembro. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6. Tamén cabe a posibilidade de enviar un correo a ames@canaltributos.com, chamar ao número de teléfono 981 88 48 96, ou facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria. No caso de non realizarse o pagamento non prazos sinalados entenderase a renuncia á praza solicitada.
Información de interesa da Escolas deportivas
Cada persoa poderá inscribirse nun máximo de dúas actividades das Escolas Deportivas, sempre e cando non coincidan os horarios. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. As actividades das Escolas Deportivas comezarán o martes 1 de outubro, rematando o 31 de maio de 2020. Para a formación de grupos será preciso que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas dispoñibles.
O prezo de matrícula é, para menores de 18 anos, de 32 euros, descendendo a 16 euros para segundos membros menores de idade, e a 8 euros para terceiros. Se unha persoa, menor de 18 anos, se matricule en dúas escolas deportivas o prezo será de 48 euros, cun prezo de 24 e 12 euros para segundos e terceiros membros respectivamente. As persoas maiores de 18 anos deberán aboar un prezo de matrícula de 48 euros, no caso de inscribírense nunha única escola deportiva, ou de 72 no caso de inscribírense en dúas.
Actividades ofertadas nas Escolas Deportivas
O folleto informativo pódese obter a través desta ligazón e no apartado de Trámites e Servizos da web municipal. En dito folleto pódese consultar toda a información sobre a oferta de actividades deportivas, incluídos horarios e localizacións. A oferta deste curso 2019-2020 inclúe 20 actividades diferentes; 13 encadradas no programa de Formación Deportiva e 7 no apartado de Ponte en Forma.
O programa de Formación Deportiva comprende as seguintes actividades: ballet, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala masculino, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Pola súa banda, dentro do apartado de Ponte en Forma pódense encontrar as actividades de adestramento funcional, aerozumba, ioga, GAP (hipoprensivos) – Aerocombat, pilates, spinning, abdominais e glúteos, así como ximnasia de mantemento.