Solapas principales

Dótase á brigada municipal con equipamento valorado en case 150.000 euros incluídos dentro do plan Ames Progresa 2021-2023

Miércoles, 10 de enero de 2024

O persoal da brigada municipal de obras e servizos básicos contará nas próximas semanas con novos equipamentos para poder realizar o seu traballo en mellores condicións. A Xunta de Goberno Local aprobou o subministro dun camión volquete con grúa que ten un custe de 108.621,70 euros (IVE incluído). Tamén se aprobou en Xunta de Goberno Local o subministro dunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal. Dita desbrozadora ten un custo para o Concello de 40.929,46 euros. En total vanse investir 149.551,16 euros. Estes investimentos están incluídos dentro do plan Ames Progresa 2021-2023.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, vai mellorar o  equipamento do persoal da brigada municipal de obras coa adquisición dun camión volquete con grúa e dunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal. O obxectivo é que o persoal da brigada dispoña do material e equipamentos necesarios para realizar o seu traballo nas mellores condicións posibles.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, destaca que “dende o goberno municipal estase a traballar para mellorar as condicións de traballo do persoal da brigada de obras”. Nieto precisou que xa se comezou “no pasado mandato coa substitución de dous vehículos” e que estas adquisicións van permitir unha maior “eficacia e eficiencia nos traballos da brigada municipal”.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou o subministro dun camión volquete con grúa, que ten un custe de 108.621,70 euros (IVE incluído), á empresa Inturasa Pérez Rumbao SA. Tamén se aprobou en Xunta de Goberno Local o subministro dunha desbrozadora de brazo articulado para o tractor municipal. Dito contrato foi adxudicado á empresa Maquinaria Agrícola del Noroeste SL e ten un custo para o Concello de 40.929,46 euros. En total vanse investir 149.551,16 euros. Estes investimentos están incluídos dentro do plan Ames Progresa 23021-2023.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames compra un camión y una desbrozadora para obras"

Dótase á brigada municipal con equipamento valorado en case 150.000 euros incluídos dentro do plan Ames Progresa 2021-2023