Solapas principales

Dous representantes do equipo Ames Atletismo participan no campionato de España de atletismo sub 16

Martes, 26 de julio de 2022

A pasada fin de semana disputouse nas pistas do estadio Yago Lamela, en Avilés, o campionato de España de atletismo sub 16 con dous representantes do equipo Ames Atletismo. María Estévez participou na proba dos 1.500 obstáculos logrando unha meritoria décimo quinta posición e volvendo a lograr a súa mellor marca persoal, mentres que Nicolás Collazo logrou tamén unha gran décimo quinta praza na proba de 5.000 marcha.

Avilés acolleu os días 23 e 24 de xullo 2022, no estadio de Atletismo Yago Lamela, o campionato de España de atletismo sub 16 ao aire libre. Durante a fin de semana desenvolvéronse as probas tanto do XXI campionato de España individual sub 16, como do campionato de España de clubs sub 16 relevo 4×100. O club Ames Atletismo participou en dito campionato con dous representantes: María Estévez e Nicolás Collazo.

María Estévez participou na proba dos 1.500 obstáculos logrando unha meritoria décimo quinta posición e volvendo a conseguir a súa mellor marca persoal. Remata desta forma unha gran tempada onde logrou o subcampionato galego de 600 metros en pista cuberta e mailo campionato galego de 1.500 obstáculos. Ademais, participou en dous campionatos de España, en pista cuberta e ao aire libre.

Por outra banda, Nicolás Collazo logrou tamén unha gran décimo quinta praza en 5.000 marcha, proba na que tivo que competir cunha lesión no pé dende practicamente o comezo da carreira. Gran tempada a que fixo Nicolás Collazo logrando o título de campión galego nos 5.000 marcha e participando no campionato de España.

Cómpre destacar tamén a enorme actuación de Nerea Martínez, do club Atletismo O Pino, equipo asociado co Ames Atletismo, que logrou o pase ás semifinais dos 100 metros lisos, onde fixo marca persoal para acadar unha gran décima posición. Deste xeito, remata unha gran tempada onde logrou os subcampionatos galegos de lonxitude e 60 metros lisos en pista cuberta e nos 100 metros lisos ao aire libre, e coa participación no campionato de España. Con este campionato de España ponse punto e final a unha gran tempada para estes tres atletas.

De esquerda a dereita, Nerea Martínez, María Estévez e Nicolás Collazo, do Ames Atletismo