Solapas principales

Dupla de teatro e contos con “A tropa do Doutor Milagre” e “Conto contiño”, este xoves 11 en Bugallido nos “Seráns de Ames”

Miércoles, 10 de agosto de 2022

O campo da festa de Bugallido acolle este xoves 11 de agosto a súa primeira parada de agosto dos “Seráns de Ames”, un programa que ao longo de todas as tardes de xullo e agosto levará diferentes actividades para todos os públicos ás parroquias de Bugallido e Tapia. Deste xeito, a partir das 19:30 horas celebrarase a sesión de contacontos “Conto contiño”, con Bibiana Calvo e Divina Fernández, e o espectáculo de teatro na rúa “A tropa do Doutor Milagre”. Premendo nesta ligazón pódese consultar o cartaz dos “Seráns de Ames”.

Os “Seráns de Ames” continúan en agosto cunha nova proposta na parroquia de Bugallido, que como cada dous xoves acolle esta programación da Concellaría de Cultura. Nesta ocasión, ofrecerase a sesión de narrativa oral “Conto contiño” e o espectáculo “A tropa do Doutor Milagre”, a partir das 19:30 horas.

A primeira parte da xornada estará marcada polos contos, coa sesión “Conto contiño”, que protagonizarán as voces de Bibiana Calvo e Divina Fernández, persoal das bibliotecas municipais de Ames. Deseguido, será a quenda de ”A tropa do Doutor Milagre”, un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre, que transformou un autobús abandonado nun show de venda ambulante.

Unha vez rematada esta sesión dos Seráns, só restarán dúas paradas para a fin da programación, unha en cada unha das sedes. Deste xeito, a Foliada do programa Apego pechará as propostas en Tapia o próximo xoves 18, mentres que Bugallido porá o punto final aos “Seráns de Ames” cun espectáculo de maxia o día 25.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Bugallido y Agrón: epicentros del ocio rural con teatro, cuentos y verbenas"

Dupla de teatro e contos con “A tropa do Doutor Milagre” e “Conto contiño”, este xoves 11 en Bugallido nos “Seráns de Ames”

Multimedia

  • Dupla de teatro e contos con “A tropa do Doutor Milagre” e “Conto contiño”, este xoves 11 en Bugallido nos “Seráns de Ames”
  • Dupla de teatro e contos con “A tropa do Doutor Milagre” e “Conto contiño”, este xoves 11 en Bugallido nos “Seráns de Ames”