- Tematica
O pasado 1 de maio pechouse a primeira fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes, a través da cal se dinamizou e apoiou o comercio local de Ames. Dende o 1 de marzo ata o 1 de maio realizáronse 8.248 operacións por valor de 169.715,30 euros. A maior parte destas operacións realizáronse no comercio minorista, que foi o máis beneficiado da campaña, seguido do sector hostaleiro. En total fixéronse operacións en 164 establecementos distintos, cunha media de 1.035 euros por establecemento. Na actualidade, as tarxetas bono Merc@mes están bloqueadas e non se poden volver usar ata que comece a segunda fase da campaña. Dende a Concellaría de Promoción Económica están traballando para adherir novos establecementos na segunda fase da campaña, que se desenvolverá do 1 de setembro ata o 31 de outubro, e tamén para poñer á venda novas tarxetas, xa que durante a primeira fase xa se esgotaron as 3.000 tarxetas-bono postas á venda.
A campaña de apoio ao comercio local de Ames Merc@mes esta sendo un éxito. Xa quedou demostrado despois de que en pouco máis dunha semana se esgotaran as 3.000 tarxetas-bono postas á venda. Agora, unha vez finalizada a primeira fase de dita campaña, xa se pode dar conta dos primeiros resultados desta iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica.
Dende o 1 de marzo ata o 1 de maio realizáronse 8.248 operacións por valor de 169.715,30 euros. Deste xeito, quedan pouco máis de 30.000 euros para alcanzar os 200.000 euros de volume de negocio que xerará esta campaña. A maior parte destas operacións realizáronse no comercio minorista, que foi o máis beneficiado da campaña, seguido do sector hostaleiro. Deste xeito, no comercio minorista realizáronse 3.508 operacións por valor de 102.998,96 euros. No sector da restauración fixéronse 2.254 operacións por valor de 26.556,26 euros.
Por outra banda, en tendas de alimentación rexistráronse 2.018 operación por valor de 24.870,47 euros; no sector do ocio e espectáculos realizáronse 298 operación por valor de 8.759,77 euros; en outras categorías comerciais houbo 81 operación por valor de 3.858,26 euros; en xoierías rexistráronse 32 operacións por valor de 1.615,08 euros; en droguerías houbo 39 operacións por valor de 472,60 euros; en establecementos de masaxes e saunas realizáronse 10 operacións por valor de 300 euros; e por venta de correo/teléfono fixéronse 8 operación pro valor de 283,90 euros.
En total fixéronse operacións en 164 establecementos distintos, cunha media de 1.035 euros por establecemento.
170 establecementos adheridos á campaña
Durante a primeira fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes houbo 170 establecementos comerciais adheridos. Entre eles non figuran espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas), estacións de servizo de combustible, salas de xogo/apostas, farmacias e demais establecementos sanitarios e estancos, postos que nas bases se establecía que este tipo de negocios non poderían incluírse na campaña.
Si que se incluíron ópticas, clínicas veterinarias, psicotécnicos, clínicas dentais, establecementos ortopédicos e parafarmacias. As tarxetas non son válidas para a compra en tendas on-line, a través da Internet. Os establecementos adheridos á dita campaña dispoñen dunha pegatina no escaparate de Merc@mes, para que a clientela os poida distinguir e saber en cales poden poder facer uso das tarxetas – bono. Preme nesta ligazón para consultar os establecementos adheridos a dita campaña.
Na actualidade, as tarxetas bono Merc@mes están bloqueadas e non se poden volver usar ata que comece a segunda fase da campaña, que se vai desenvolver do 1 de setembro ata o 31 de outubro.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “se está traballando para adherir novos establecementos na segunda fase da campaña, que se desenvolverá do 1 de setembro ata o 31 de outubro. Tamén temos a intención de poñer á venda novas tarxetas por valor de 50 e 100 euros durante a segunda fase da campaña. Esta iniciativa tivo moi boa acollida e durante a primeira fase xa se esgotaron as 3.000 tarxetas-bono postas á venda. Trataremos de poñer a veda novas tarxetas para aquelas persoas que non a puideron adquirir durante a primeira fase o poidan facer a partir do 1 de setembro”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La campaña Merc@mes generó 8.248 ventas en 164 establecimientos"
Revista Ames Go: "O Merc@ames xerou case 170.000 euros de negocio no comercio local"
Compostela 24 horas: "Durante a primeira fase da campaña de apoio ao comercio local Merc@mes realizáronse 8.248 operacións por valor de 169.715,30 euros"