- Tematica
O alumnado de violín da Escola Municipal de Música participará este mércores, 10 de maio, ás 18.30 horas, nunha audición co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. Ademais aproveitase para lembrar que está aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2023-2024. A solicitude poderase realizar ata este xoves 11 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.
Volven as audicións da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Neste caso cunha actuación do alumnado de violín e da súa profesora Aga Mainska co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. As audicións realizadas na Escola de Música de Ames están pensadas como se foran clases abertas coa finalidade de que se desenvolvan nun ambiente familiar e o máis distendido posible.
Ademais aproveitase para lembrar que está aberto o xoves 11 de maio o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2023-2024. Esta quenda de inscrición está dirixida ao alumnado que se atope cursando estudos na escola. Pola súa banda, o alumnado de novo ingreso poderá inscribirse no mes de xuño (publicaranse nas vindeiras semanas as datas exactas).
Desta maneira, todo o alumnado que non estea exento de pagamento de matrícula (véxanse as exencións no Artigo 7 da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música de Ames) recibirá un correo electrónico dos Servizos de Recadación do Concello de Ames coa autoliquidación da taxa correspondente, e terá de prazo para o seu pagamento ata o 11 de maio.
Para a renovación da praza as persoas interesadas deberán cubrir esta solicitude e entregala na Sede electrónica do Concello de Ames, dirixida á Concellaría de Cultura - Escola Municipal de Música de Ames; ou ben facelo de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. A renovación poderase realizar tamén en calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
O alumnado que por idade remata a materia de Música e Movemento está citado o día 15 de maio, ás 19:15, na aula 7 das instalacións da EMMA, para realizar a adxudicación de prazas. Esta adxudicación será por sorteo, ao que será imprescindible asistir para elixir praza e horario.
Para obter máis información pódese contactar coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono 981 535 940, en horario de 9.00 a 14.00 horas.