Solapas principales

Énchese a segunda sesión dos “Seráns de Tapia” cos contacontos

Viernes, 09 de julio de 2021

O programa organizado pola concellaría de Cultura continuou este xoves 8 de xullo co aforo completo. Os “Seráns de Tapia” teñen como obxectivo levar a cultura ao rural a través de actividades coma o teatro, a literatura, os concertos e os monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

A praia fluvial de Tapia encheuse de veciñanza para escoitar as sesións de contacontos. A xornada comezou, ás 17.30 horas con dous contacontos infantís, “Conto Contiño”, narrado polas animadoras á lectura da Biblioteca Municipal de Ames, Bibiana Calvo Ares e Divina Fernández Canosa, e “Andar os Biosbardos”, de Charo Pita. Posteriormente, foi a quenda das “Lavandeiras” , de Vero Rilo e Sonsoles Peñadique para rematar co espectáculo “Estrelas”, de Soledad Felloza.

A vindeira semana, o xoves 15 de xullo, os "Seráns de Tapia" acolle a actuación musical de Píscore ás 19.30 horas. Trátase dun espectáculo de música e humor dirixido a un público familiar.

Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

odos os xoves de xullo e agosto a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de  literatura, concertos e monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Tapia encheuse de contos na segunda sesión dos ‘Seráns’"
 

Seráns de Tapia 8 de xullo

Multimedia

  • Seráns de Tapia 8 de xullo
  • Seráns de Tapia 8 de xullo
  • Seráns de Tapia 8 de xullo
  • Seráns de Tapia 8 de xullo
  • Seráns de Tapia 8 de xullo
  • Seráns de Tapia 8 de xullo