- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado mércores pola tarde o acto de entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas. A continuación, ás 18.30 horas, impartiuse unha conferencia sobre ciberseguridade, na que se abordaron as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade. Tamén se falou sobre diversas ferramentas e consellos para protexernos.
O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas. Estas actividades estiveron organizadas pola aula AMTIC do Concello de Ames. A través de dita formación buscouse achegar á veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital. As persoas que non puideron acudir a este acto a recoller o seu diploma, poden pasar a recollelo por Gabiente de Alcaldía, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
O temario destes cursos de 25 horas abarcou nocións de alfabetización informática, ofimática básica e mecanografía, xestión persoal na internet (uso do correo electrónico, cita médica, banca online, declaración da renda, compras seguras pola internet, buscas fiables de información, etc) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos...).
As actividades impartíronse nos locais sociais de Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño. Os martes o curso impartiuse en Covas (en horario de 16:15 a 18:15 horas). En Augapesada a formación desenvolveuse os mércores (de 16:00 a 18:00 horas). O xoves as clases foron en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas). Para rematar, os venres desenvolvéronse no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).
Servizo de Aula Aberta
Unha vez rematada a formación, as persoas que participaron nestes cursos poden seguir practicando o aprendido e adquirir novos coñecementos de alfabetización dixital nas aulas de informatica que están situadas nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro funciona en horario de Aula Aberta; de luns a venres de 10:00 a 12:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas (agás nas horas de formacións). Por outra banda, a Aula CeMIT de Bertamiráns abre de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:00 horas.
Conferencia sobre ciberseguridade
A continuación, ás 18.30 horas, impartiuse unha conferencia sobre ciberseguridade, a través da cal se impartiron nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade, así como ferramentas e consellos para protexernos.
Algúns dos temas que se abordaron en dita conferencia foron que é a ciberseguridade, a importancia da ciberseguridade, as principais amezas que existen (malware, phishing, ransomware), consecuencias dun ciberataque (perda de diñeiro, roubo de identidade, danos a reputación persoal ou profesional) e como che poden atacar a través de phishing, das redes sociais ou accedendo a un servizo de Wi-Fi público.
Ademais, impartíronse consellos básicos para poder protexernos de ditos ataques (contrasinais seguras, autenticación en dus pasos, actualización de software, instalación de antivirus, coidado cos enlaces e arquivos adxuntos); seguridade en dispositivos móbiles; e protección da privacidade online. Por último, fíxose un repaso dos puntos claves e achegáronse uns consellos finais. Tamén houbo tempo para facer preguntas e plantexar dúbidas.