Solapas principales

Entréganse os premios da primeira edición do concurso de decoración de Samaín

Jueves, 12 de diciembre de 2024

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu onte pola tarde o acto de entrega de premios aos establecementos gañadores da primeira edición do concurso de decoración de Samaín. En total repartíronse 2.000 euros entre os gañadores/as. O primeiro premio de 1.000 euros foi para Papelería Chavián, o segundo premio de 600 euros recaeu en 3X en Cemento; e o terceiro premio de 400 euros foi para Escola infantil Merlín. A través deste concurso tratouse de fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. A decoración tivo que estar exposta como mínimo dende o luns 28 de outubro ata o domingo 3 de novembro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, celebrou onte pola tarde un acto no salón de plenos no que se entregaron os premios do concurso de decoración de Samaín. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e Mónica Crespo, en representación do xurado.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, felicitou aos tres establecementos gañadores desta primeira edición e destacou “a boa acollida que tivo este concurso. É un xeito especial e diferente de dinamizar o noso comercio e hostalaría. O noso obxectivo é seguir organizando este certame e que se consolide xunto aos concursos de decoración de Nadal”.

Establecementos premiados
Na Xunta de Goberno Local do pasado 5 de decembro aprobouse a concesión dos premios do concurso de decoración de Samaín 2024. Dito certame púxose en marcha por primeira vez este ano co obxectivo de fomentar o comercio local de Ames. Este concurso xurdiu por petición dos propietarios/as dos establecementos comerciais que foron premiados no concurso de decoración de Nadal, que solicitaron máis iniciativas deste tipo para fomentar que a veciñanza visite e merque no comercio local.

En total repartíronse 2.000 euros entre os gañadores/as. O primeiro premio de 1.000 euros foi para Papelería Chavián, o segundo premio de 600 euros recaeu en 3X en Cemento; e o terceiro premio de 400 euros foi para Escola infantil Merlín. Ademais, os establecementos gañadores disporán de espazos publicitarios gratuítos en Ames Radio durante un mes consecutivo, a determinar de acordo coas necesidades de programación da radio municipal.

Composición do xurado
O xurado estivo composto por 3 membros: Mónica Crespo, en representación do voluntariado de Ames; Lucía Rodríguez, en representación do voluntariado de Protección Civil de Ames; e Félix Caramés, en representación da Unión de Consumidores de Galicia. Ademais, un/unha traballador/a da Concellaría de Promoción Económica actuou como secretario/a, con voz pero sen voto.

O xurado valorou os escaparates participantes pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, en base aos criterios de composición e deseño, tendo en conta, ademais, a orixinalidade e a elaboración propia. Do mesmo xeito, valorouse a utilización de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames entregó los premios del concurso de decoración de Samaín"

O primeiro premio de 1.000 euros foi para Papelería Chaviá

Multimedia

  • O segundo premio de 600 euros recaeu en 3X en Cemento
  • O terceiro premio de 400 euros foi para Escola infantil Merlín
  • Mónica Crespo, participou no acto de entrega de premios en representación do xurado
  • Imaxe dos membros do xurado