Solapas principales

Entréganse os premios dos concursos de decoración do Nadal 2024

Miércoles, 12 de febrero de 2025

A Casa do Concello acolleu este martes, 11 de febreiro, o acto de entrega de premios ás persoas gañadoras do XIX concurso de escaparates de Nadal e do III concurso de decoración de Nadal veciñal. O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, xunto cos membros do xurado, Lucía Rodríguez e Félix Caramés, foron os encargados de repartir os galardóns. En total repartíronse 6.000 euros entre os gañadores/as. No concurso de escaparates repartíronse catro premios dotados cun total de 4.000 euros (1.500 euros para o primeiro, 1.100 para o segundo, 800 para o terceiro e 600 para o cuarto), mentres que no concurso de decoración veciñal repartíronse outros catro premios de 500 euros cada un.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, celebrou onte pola tarde un acto no salón de plenos no que se entregaron os premios dos concursos de decoración do Nadal 2024. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e os membros do xurado, Lucía Rodríguez e Félix Caramés.

O xurado estivo composto por 3 membros: Mónica Crespo, en representación do voluntariado de Ames; Lucía Rodríguez, en representación do voluntariado de Protección Civil de Ames; e Félix Caramés, en representación da Unión de Consumidores de Galicia.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, agradeceu o traballo do xurado, que o tivo “moi difícil para decidir aos gañadores e gañadoras dos dous concursos”. Ademais, destacou que a finalidade destas iniciativas é “dinamizar o comercio local e tamén darlle maior colorido e animación ás rúas dos núcleos urbanos e ao rural”.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou que o concurso de escaparates xa é unha iniciativa consolidada no concello e o concurso de decoración veciñal tamén está asentado e cada ano que pasa conta con maior participación. “Os dous concursos tiveron unha boa participación, algo que é moi positivo porque axuda a crear una ambiente festivo durante o Nadal. Ao mesmo tempo axuda a dinamizar o comercio local”.

Certame de escaparates de Nadal
No certame de escaparates de Nadal, o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, foi para Floristas Carmiña SL. Na segunda posición, galardoada con 1.100 euros, quedou Papelería Chavián, mentres que o terceiro premio, dotado con 800 euros, levouno Tecidos Tolemia. Para rematar, o cuarto posto foi para 3X en Cemento que obtivo un premio de 600 euros. O xurado utilizou diversos criterios para escoller aos gañadores: orixinalidade e composición, utilización dos produtos propios dos comercios e emprego de elementos reciclados.

Concurso de decoración veciñal
No caso do certame de decoración veciñal, as catro persoas gañadoras foron galardoadas cun talón de 500 euros para cada unha. O primeiro premio foi para Patricia Gasamáns Pereira, de Biduído de Arriba; seguida por Tania Díaz Fernández, do Pedregal; Ana María Ces Gómez, de Augapesada; e María Villanueva Turnes, de Framil. Nesta ocasión, o xurado valorou a creatividade, a orixinalidade e a utilización da iluminación como foco de atracción, así como o uso de materiais de refugallo.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames entregó sus premios de decoración vecinal y escaparatismo navideño"

Entréganse os premios dos concursos de decoración do Nadal 2024

Multimedia

  • Entréganse os premios dos concursos de decoración do Nadal 2024