Solapas principales

A Escola de Karate Dokkodo acadou un ouro e un bronce no Campionato Galego de Clubs celebrado esta fin de semana en Chantada

Martes, 11 de febrero de 2025

Esta pasada fin de semana celebrouse en Chantada o Campionato Galego de Clubs de Karate, onde a Escola de Karate Dokkodo se proclamou campioa na categoría cadete-junior da modalidade de kumite. Ademais, o club tamén acadou un bronce na categoría alevín de kumite.

O pasado sábado, 8 de febreiro, o Pavillón Municipal de Chantada acolleu unha nova edición do Campionato Galego de Clubs de Karate, onde a Escola de Karate Dokkodo competiu na modalidade de kata infantil con dous equipos e na de kumite con cinco.

Os dous equipos de kata infantil realizaron unha gran competición, quedándose ás portas de subir ao podio e conseguindo finalmente un 5º e 7º posto. O grupo formado por Xián Blanco, Jadel Rodríguez e Tiago Blanco efectuou un gran combate, partindo de dezaseisavos e chegando ata semifinais. Na loita polo bronce, os pequenos karatekas caeron cun axustado 2-1 e conseguindo un gran 5º posto.

En canto ao segundo equipo de kata infantil, formado por Nadaya Fernández, Bruno Varela e Hugo Torre, enfrontouse na primeira ronda ao grupo que remataría sendo campión. Aínda que puideron acceder á repesca, só conseguiron acadar un 7º posto.

Medallas na modalidade de kumite
Os bos resultados para a Escola de Karate Dokkodo viiñeron desde a modalidade de kumite, onde o club se proclamou campión na categoría cadete-júnior co equipo formado por Raúl Rodríguez, Francisco Planas e Raúl Vázquez. Un combate do máis emocionante ata o último momento, de feito o último en disputarse en toda a xornada, que se resolveu preto das 23.00 horas.

Por outra banda, o equipo alevín conseguiu subir ao podio acadando unha gran terceira praza. Os dous equipos xuvenís realizaron moi bos combates a pesar de non conseguir medalla, amosando a súa progresión e deixando moi boas sensación de cara a futuras competicións. Na mesma liña, o equipo xuvenil realizou unha gran competición que reflexa o traballo levado a cabo nos adestramentos.

A Escola de Karate Dokkodo, ao longo de toda a xornada de competición, contou coa colaboración de deportistas do Club Helenos, Maceda e Galaico, para poder completar algúns dos seus equipos.

A amesá Olivia Parga acadou o ouro en equipos
Ademais da participación da Escola Dokkodo, o campionato contou coa participación da amesá Olivia Parga que, desta volta, logrou subir ao máis alto do podio co seu club na modalidade de kumite na categoría cadete-júnior.

A Escola de Karate Dokkodo acadou un ouro e un bronce no Campionato Galego de Clubs celebrado esta fin de semana en Chantada

Multimedia

  • A Escola de Karate Dokkodo acadou un ouro e un bronce no Campionato Galego de Clubs celebrado esta fin de semana en Chantada
  • A Escola de Karate Dokkodo acadou un ouro e un bronce no Campionato Galego de Clubs celebrado esta fin de semana en Chantada
  • A Escola de Karate Dokkodo acadou un ouro e un bronce no Campionato Galego de Clubs celebrado esta fin de semana en Chantada
  • A amesá Olivia Parga acadou o ouro por equipos co seu club