- Tematica
O pasado 28 de decembro celebrouse en Ferrol a primeira xornada da Liga Galega de Karate, onde a escola Dokkodo acudiu finalmente con cinco deportistas inscritos e gañou un total de 6 medallas.
A competición, que desta volta contou cunha participación histórica sumando case 700 inscricións, contou cun alto e intenso nivel, na que os deportistas da escola de karate amesá acadaron moi bos resultados. Con todo, dos seis deportistas inscritos na competición por parte da escola Dokkodo, finalmente só puideron participar cinco, pois o deportista máis pequeño de todos, Hugo, non puido participar por unha enfermidade.
A xornada comezou pola mañá co ouro acadado por Raúl Rodríguez na categoría de cadete avanzado <57kg en modalidade de kumite, tras impoñerse aos seus rivais a pesar de non atoparse nas mellores condicións de saúde.
Pola tarde foi a quenda dos máis pequenos, onde Tiago Blanco debutou na categoría alevín e fixo un grandísimo papel, acadando o ouro na modalidade de kata cunha gran contundencia ante os seus rivais e o bronce en kumite na categoría alevín iniciación <28kg.
En canto aos participantes infantís, Xián Blanco levou o bronce en kumite avanzado <45kg nunha gran actuación tras recuperarse dun leve golpe. Bruno Varela e Jadel Rodríguez fixeron uns grandes combates, pero lesionáronse nos seus primeiros encontros de kumite, impedindo que puideran continuar a competición. A pesar dos contratempos, Bruno e Jadel puideron obter a medalla de bronce na categoría infantil masculino avanzado >45kg, completando así o medalleiro da Escola Dokkodo e acadando finalmente as 6 medallas.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Cinco medallas para el Dokkodo de Ames en la Liga Galega de kárate"