Solapas principales

A Escola Municipal de Música móstranos o traballo realizado durante estes días de confinamento

Martes, 02 de junio de 2020

A Escola Municipal de Música de Ames non parou durante este estado de alarma, adoptando a súa formación a esta situación extraordinaria. Tanto o persoal docente como as alumnas e alumnos, co apoio das súas familias, fixeron todo o posible para proseguir coa formación de maneira telemática. Agora, nos mostran todo o que traballaron a través dunha serie de vídeos que xa están dispoñibles na canle de Youtube do Concello de Ames.

As clases presenciais da Escola Municipal de Música de Ames quedaron suspendidas cando se declarou o estado de alarma. Pero isto non foi impedimento para que a música seguira soando.

Durante estes meses, o persoal docente da EMMA realizaron clases por videoconferencia para seguir practicando algunhas pezas cas alumnas e alumnos. Ademais enviáronse tarefas e materiais ao alumnado a través da aplicación TokApp.

Posteriormente, as alumas e alumnos, co apoio das súas familias, gravaron como tocaban as pezas e as enviaron aos seus profesores/as, os cales tamén gravaron unha peza conxunta. Agora, despois da edición dos vídeos por parte do persoal docente, todos podemos desfrutar do gran talento da EMMA a través dos vídeos que xa están subidos a Youtube, que abarcan unha versión de “Secrets” de One Republic, o grande éxito de Queen “Dont stop me now”, “Volveremos a brindar” de Lucía Gil ou unha nova versión da xa coñecida canción desta corentena: “Resistiré”.

Ademais, Patricia Cadaveira, directora da EMMA, adiántanos que “debido a esta situación non podemos realizar o festival de fin de curso da Escola de maneira presencial, pero temos pensado realizar un festival de música online para o día 19 de xuño, que é cando o faríamos normalmente”.

EMMA 2018-2019

Multimedia

  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for