- Tematica
A Escola Municipal de Teatro, en colaboración co departamento de Cultura, organiza un curso de técnicas teatrais para falar en público. Será na Casa da Cultura do Milladoiro os días 26 e 27 de setembro en horario de 19:00 a 22:00 horas, e o día 28, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 15 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo entre o 9 e o 18 de setembro enviando un correo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal.
A Escola Municipal de Teatro programa unha nova actividade para este mes de setembro. Deste xeito, vai organizar un curso de técnicas teatrais para falar en público que busca fomentar o dominio corporal e oral para aproveitalos para, por exemplo, elaborar unha mellor venta dun produto, facer unha presentación de empresa, ou para comunicacións de teletraballo, para o trato con público ou mesmo para a vida cotiá.
Esta actividade impartirase na Casa da Cultura do Milladoiro os días 26 e 27 de setembro, en horario de 19:00 a 22:00 horas, e o día 28, de 10:00 a 13:00 horas. Ofrécense un total de 15 prazas, que serán adxudicadas por orde de inscrición.
Neste curso, impartido por membros da compañía Talía Teatro, traballaranse técnicas de expresión corporal, voz, dicción, improvisación, ritmo, dramaturxia, composición... así como outras ferramentas básicas que debe dominar un/unha bo/a comunicador/a, e que permitirán aos participantes avanzar tanto no seu desempeño laboral como no ámbito persoal.
As persoas que estean interesadas poden tramitar a súa inscrición desde hoxe, 9 de setembro, e ata o vindeiro día 18. As prazas asignaranse por orde de inscrición. Para anotarse é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal.