Solapas principales

Esgotadas as 3.000 tarxetas-bono da campaña Merc@mes

Martes, 09 de marzo de 2021

En pouco máis dunha semana esgotáronse as 3.000 tarxetas-bono da campaña Merc@mes. Esta mañá vendéronse as últimas tarxetas-bono de 50 euros. En total, vendéronse 1.000 tarxetas de 100 euros e 2.000 tarxetas-bono de 50 euros. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 200.000 euros. A campaña desenvólvese en dúas fases. A primeira fase xa está en marcha dende o 1 de marzo e desenvólvese ata o 1 de maio, mentres que a segunda fase será do 1 de setembro ata o 31 de outubro. Cómpre destacar que a realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos.

En 9 días esgotáronse as 3.000 tarxetas-bono da campaña Merc@mes, témolo todo! Esta mañá vendéronse as últimas tarxetas-bono de 50 euros. Isto dá boa mostra do éxito que tivo esta iniciativa, a través da cal se está fomentando a compra no comercio local de Ames. En total, vendéronse 1.000 tarxetas de 100 euros e 2.000 tarxetas-bono de 50 euros.

A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma. Ditos bonos funcionan como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas). Ademais, estas tarxetas poderán ser utilizadas tamén en futuras promocións que se poñan en marcha desde o Concello de Ames.

A campaña desenvólvese en dúas fases. A primeira fase xa está en marcha dende o 1 de marzo e desenvólvese ata o 1 de maio, mentres que a segunda fase será do 1 de setembro ata o 31 de outubro. Cómpre destacar que a realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, agradece a implicación nesta campaña das tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio: Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira, Bulebar; Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro; e Asociación Xuntanza de Empresarios de Ames.

“Hai que agradecer a súa implicación na campaña, tanto no que se refire á súa posta en marcha como á venda de tarxetas. Tamén hai que agradecer a implicación da veciñanza que en pouco máis dunha semana compraron as 3.000 tarxetas que estaban a venda. Agora só queda que as persoas que adquiriron dita tarxeta fagan as súas compras nos establecementos comercias de Ames ata o 1 de maio. Posteriormente, abrirase un segundo período, do 1 de setembro ata o 31 de outubro, no cal tamén se poderán usar as tarxetas-bono Merc@mes”, explicou Ana Belén Paz.

170 establecementos adheridos á campaña
170 establecementos comerciais adheríronse á campaña de tarxetas bono Merc@mes. Entre eles non figuran espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas), estacións de servizo de combustible, salas de xogo/apostas, farmacias e demais establecementos sanitarios e estancos, postos que nas bases se establecía que este tipo de negocios non poderían incluírse na campaña.

Si que se incluíron ópticas, clínicas veterinarias, psicotécnicos, clínicas dentais, establecementos ortopédicos e parafarmacias. As tarxetas non son válidas para a compra en tendas on-line, a través da Internet. Os establecementos adheridos á dita campaña dispoñen dunha pegatina no escaparate de Merc@mes, para que a clientela os poida distinguir e saber en cales poden poder facer uso das tarxetas – bono. Preme nesta ligazón para consultar os establecementos adheridos a dita campaña.

Vídeos promocionais da campaña Merc@mes
Para a informar de como adquirir e usar as tarxetas-bono Merc@mes realizáronse dous vídeos protagonizados polo actor e humorista, Pepo Suevos, e maila cantante e presentadora, Fátima Pego. Ditos vídeos pódense ver nas redes sociais do Concello de Ames (Facebook, Twitter e Instagram) e na canle de Youtube do Concello.

-Preme aquí para ver o vídeo explicativo sobre como empregar as tarxetas-bono.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames agota en nueve días las tarjetas con descuentos para apoyar al comercio"

El Correo Gallego: "Furor por las rebajas con los bonos Merc@mes"

Lindeiros: "Ames consegue repartir as 3.000 tarxetas de axuda ao comercio"

tarxetas bono esgotadas

Multimedia

  • Embedded thumbnail for