- Tematica
Un ano máis o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia. Ditos cursos, que están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2009 a 2015, impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.30h a 11.45 horas. Para participar nesta actividade é imprescindible saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.
Un ano máis chegada a época estival organízanse os cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia. Estes cursos son impartidos por persoal do club Ribeiras do Tambre. Nesta iniciativa colabora a Deputación da Coruña. Os cursos están organizados polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, e mailo club Ribeiras do Tambre. Están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2009 a 2015.
Estes cursos desenvolveranse durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto. Os participantes terán que escoller entre as dúas quendas existentes para asistir a esta actividade. A primeira quenda será do 26 de xuño ao 21 de xullo, mentres que a segunda quenda está prevista do 24 de de xullo ao 18 de agosto. As clases impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de mañá, de 10.30h a 11.45 horas.
Os/as participantes aprenderán, da man do persoal do club Ribeiras do Tambre, todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo. Para participar é imprescindible saber nadar.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para solicitar máis información e para formalizar a inscrición nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.