Solapas principales

Este sábado celébrase unha Xunta de Goberno Local aberta ao público para elixir os membros das mesas electorais para as eleccións municipais e europeas do 26 de maio

Viernes, 26 de abril de 2019

Este sábado, 27 de abril, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo, que terán lugar o domingo, 26 de maio. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. Un total de 24.158 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.

Máis de 24.000 persoas están chamadas ás urnas en Ames nas vindeiras eleccións municipais e ao Parlamento Europeo. Este sábado, ás 13:30 horas, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local para elixir ás persoas que ocuparán as 35 mesas electorais do Concello de Ames nas próximas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo, que se celebrarán o día 26 de maio. Un total de 24.158 persoas poderán votar en Ames.

Este proceso levarase a cabo de xeito aleatorio e para iso empregarase un sistema informático no que se meten todas as persoas censadas con dereito a voto que hai no municipio amesán e, de xeito automático, procederase ao sorteo para determinar os integrantes das mesas electorais. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir.

Esta é a terceira vez que dito sorteo se realiza en Xunta de Goberno Local, despois que se aprobase en Pleno unha proposición para delegar neste órgano o sorteo dos membros das mesas electorais Esta modificación realizouse tras unha proposta que lle fixo o goberno aos distintos voceiros e voceiras dos grupos políticos municipais da oposición. Deste xeito, elimínase a celebración dun pleno extraordinario de curta duración para elixir os membros de ditas mesas, co conseguinte aforro de tempo e cartos para a Administración local.

Ligazóns

Este sábado celébrase unha Xunta de Goberno Local aberta ao público para elixir os membros das mesas electorais para as eleccións municipais e europeas do 26 de maio