Solapas principales

Este venres, 31 de maio, celébrase a festa de clausura das escolas deportivas municipais nos pavillóns polideportivos e na pista exterior da área deportiva do Milladoiro

Miércoles, 29 de mayo de 2019

O curso 2018-2019 das Escolas deportivas municipais chega ao seu fin e como todos os anos ao final de tempada celébrase unha festa de clausura onde os rapaces e rapazas fan unha demostración do aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto de clausura será este venres, 31 de maio, a partir das 16.30 horas, nos pavillóns polideportivos e na pista exterior da área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo no que haberá distintas exhibicións deportivas e clases abertas de ioga, spinning e squash.

Este ano, ao igual que nas últimas edicións, a festa de clausura das escolas deportivas desenvolverase en distintas instalacións municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. No pavillón polideportivo do Milladoiro haberá actividades en tres zonas diferentes: pista, ximnasio e sala de spinning. As exhibicións comezan as 16.30 horas cos nenos e nenas participantes en ximnasia rítmica. Media hora despois, ás 17.00 horas, será a quenda dos rapaces e rapazas de ballet. Ás 17.30h haberá demostracións de judo e predeporte, mentres que de 18.00 ata as 19.30 horas faranse partidos de baloncesto.

No ximnasio do pavillón do Milladoiro, de 16.30 a 18.00 horas, haberá exhibicións de xadrez, e de 18.00 a 19.30 horas, impartiranse clases abertas de ioga. Na sala de spinning deste mesmo pavillón impartiranse clases abertas de spinning, de 18.00 a 19.30 horas. Tanto de ioga coma de spinning, haberá tres sesións distintas de media hora.

Na pista exterior da área deportiva do Milladoiro haberá partidos demostración de fútbol sala e tenis. Primeiro será a quenda dos rapaces e rapazas das escolas deportivas do Bertamiráns FC, e de seguido, saíran a pista a xogar os/ rapaces e rapazas das escolas deportivas do Milladoiro SD. Por último, xogarán os/as usuarios/as das escolas deportivas de tenis.

Pavillón polideportivo de Bertamiráns
Por outra banda, no pavillón polideportivo de Bertamiráns haberá dúas zonas con distintas demostracións. Na pista do pavillón faranse partidos exhibición de voleibol, de 17.00 a 17.30 horas; patinaxe, de 17.30 a 18.30; e partidos de fútbol sala feminino, de 18.30 a 19.30 horas. Na pista squash impartiranse clases abertas deste deporte entre as 17.00 e as 18.30 horas.

Deste xeito, dende o Concello e coa colaboración da empresa Serviplus, que xestiona as escolas deportivas, organizarase un evento familiar e festivo no que haberá distintas exhibicións deportivas e clases abertas de ioga, spinning e squash.

Este venres, 31 de maio, celébrase a festa de clausura das escolas deportivas municipais nos pavillóns polideportivos e na pista exterior da área deportiva do Milladoiro

Multimedia

  • Este venres, 31 de maio, celébrase a festa de clausura das escolas deportivas municipais nos pavillóns polideportivos e na pista exterior da área deportiva do Milladoiro