Solapas principales

Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca nas bibliotecas municipais de Ames

Miércoles, 23 de octubre de 2019

Este xoves, 24 de outubro, conmemórase o Día da Biblioteca. Para elo o departamento municipal de Bibliotecas do Concello de Ames organizou unha programación especial para a súa celebración. Entre as actividades programadas hai recomendacións de libros, contacontos para nenos e nernas e premios aos “superlectores/as” das bibliotecas de Ames.

Unha actividade que contou con bastante participación é "Recoméndanos un libro", unha iniciativa que estivo en marcha dende o pasado 9 de outubro. A través dela, os usuarios e usuarias da biblioteca mandaban ao enderezo electrónico da biblioteca unha foto cunha recomendación de lectura (ou facían a foto na propia biblioteca). Así, as recomendacións de lectura foron publicándose no Facebook da Biblioteca Municipal de Ames e a partir do día 24 tamén se encontrarán dispoñibles as recomendacións nas propias bibliotecas do concello.

Ademais ese mesmo día farase entrega de premios aos máis “superlectores/as”. Durante toda a xornada, as persoas que máis leron nas bibliotecas municipais ao longo do ano recibirán un agasallo conmemorativo do Día da Biblioteca. Tamén terá lugar unha sesión de contacontos ás 17.30 horas na Biblioteca do Milladoiro: “Contos do dereito e do revés”. Unha actividade de dinamización lingüística e sensibilización fronte á violencia de xénero, a través da narración de contos tradicionais e de obras de creación contemporánea. Está actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 a 8 anos.

Para máis información sobre calquera das actividades, pódese enviar un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 88 48 29 para a Biblioteca de Bertamiráns e 981 53 88 07 para a Biblioteca do Milladoiro.

Cartel Día das Bibliotecas

Multimedia

  • Cartel Día das Bibliotecas