- Tematica
A actividade cultural volve este xoves, 25 de xuño, ao concello Ames co espectáculo “Mozart á Galega”. Será ás 22.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O concerto é gratuíto e de entrada libre, pero debido ás circunstancias derivadas da Covid-19, o espectáculo desenvolverase respectando todas as medidas de seguridade. Trátase do primeiro dos eventos previstos para a nova programación cultural, que pasada a cautela inicial, organiza a Concellería de Cultura para os próximos meses.
O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, está organizando a programación a programación cultural de verán, con cambios de data, formato, e adaptándose ás novas necesidades no eido cultural.
Así, este xoves, 25 de xuño, desenvolverase o espectáculo “Mozart á Galega” no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 22.00 horas. Trátase dunha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, no marco do programa “Un bico un cantar”.
O grupo Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está conformado por Luís Soto na frauta travesa, David García ao violín, Joana Ciobotaru á viola e Millán Abeledo ao violoncello.
A seguinte actuación desta nova programación cultural será o Festival de Jazz, tamén no Pazo da Peregrina, o próximo sábado 4 de xullo.