Solapas principales

Execútanse as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido

Sábado, 17 de diciembre de 2022

Estanse executando as obras de asfaltado dos interiores do núcleo do Instrumento, situado entre as parroquias de Ortoño e Bugallido, así como da parte norte de Lapido. O proxecto, incluído no Plan Ames Progresa 2021-2023, foi adxudicado á empresa Excavaciones Pose SL por 192.995 euros, e inclúe tamén a reforma da vía de acceso ao Instrumento dende Lapido.

O Concello de Ames avanza coas melloras nas infraestruturas do rural recollidas dentro do Plan Ames Progresa 2021-2023, desta volta cun proxecto nos núcleos do Instrumento, situado entre as parroquias de Ortoño e de Bugallido, e de Lapido, tamén en Ortoño. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Excavaciones Pose SL por un importe de 192.995 euros.

Vaise actuar de dous xeitos diferentes dependendo do treito. No caso dos interiores do Instrumento e da parte norte de Lapido, dous tramos de 320 metros e 190 metros, respectivamente, demolerase o firme actual e proxectarase un novo pavimento de formigón, con franxas lonxitudinais nas marxes e cortes transversais en lastra de pedra de granito. Baixo o pavimento disporase canalización de PVC con sumidoiros para a correcta drenaxe da nova plataforma. Na actualidade estase traballando no viario interior do lugar do Instrumento.

Para o resto da vía, uns 680 metros que inclúen o espazo entre ambos núcleos e a entrada dende a estrada de Lapido, incrementarase cada marxe lateral en 50 centímetros, repararanse as fochancas e disporase a mesma capa de rodaxe. Ademais, no treito intermedio entre Lapido e O Instrumento realízanse tres treitos con cunetas de seguridade, de 60 metros de lonxitude nas zonas interiores das curvas. As actuacións completaranse coa correspondente sinalización e cun novo sinal de stop.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que "seguimos avanzando co Plan Ames Progresa, desta vez actuando nos núcleos do Instrumento e Lapido, nos que continuamos mellorando as vías e as infraestruturas do rural, aumentando a súa vez a seguridade viaria”.

Execútanse as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido

Multimedia

  • Execútanse as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido
  • Execútanse as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido
  • Execútanse as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido
  • Execútanse as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido