Solapas principales

Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros

Jueves, 06 de febrero de 2025

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 26 de decembro a adxudicación do contrato das obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo, na parroquia de Ames, por 132.348,43 euros (IVE incluído), á empresa SYR-AMG SL. Este proxecto, que se sufraga con cargo ao POS+ 2024, enmárcanse dentro do plan de arranxo dos interiores de núcleos do rural. Estas obras xa están executándose na actualidade.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos do rural. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do proxecto de mellora dos viarios no núcleo de Seares de Abaixo, pertencente á parroquia de Ames. Esta obra está sufragada con cargo ao POS+ 2024. Dito contrato foi adxudicado á empresa SYR-AMG SL por un importe de 132.348,43 euros (IVE incluído).

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “coa execución desta obra na parroquia de Ames seguimos avanzando coas actuacións do POS+ 2024 e continuamos cos arranxos dos interiores de núcleos do rural. Deste xeito, aseguramos que as vías e os interiores dos núcleos estean correctamente acondicionados e que se mellore a súa funcionalidade e seguridade, tanto nas zonas urbanas como no rural”.

As actuacións que contempla o presente proxecto están encamiñadas á mellora da pavimentación do núcleo de Seares de Abaixo e dos seus viarios de acceso. Para o viario do núcleo proxéctase un novo pavimento composto por 15 centímetros de formigón HM-20 con mallado sobre zahorra para a súa nivelación, previa demolición do firme existente. En ambas as marxes disporase unha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho.

Para os viarios de acceso ao núcleo proxéctase a reparación do pavimento con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación das fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Baixo o novo pavimento de formigón prevese a canalización de 250 metros de tubo de polipropileno de 400 milímetros SN-8 coa instalación de 9 arquetas con sumidoiro de dimensións 50x30 centímetros, 7 pozos de rexistro, unha arqueta para colector con reixa e un total de 19 metros de canle de fundición dúctil con reixa clase D400, para a correcta recollida das augas pluviais. Tamén se procederá á canalización de rede de abastecemento mediante a colocación de 250 metros de tubo de polietileno de 75 milímetros e dúas válvulas de comporta, nas súas correspondentes arquetas.

Para a rede de iluminación pública disporase en toda a actuación unha canalización de polipropileno de 90 milímetros de diámetro coas súas correspondentes arquetas. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal dos viarios así como a limpeza de bordes no interior do núcleo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Comeza o asfaltado do viario no núcleo amesán de Seares de Abaixo"

Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros

Multimedia

  • Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros
  • Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros
  • Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros
  • Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros
  • Execútanse as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo que foron adxudicadas por 132.348 euros