Solapas principales

Executarase unha senda entre Outeiro e Costoia por 135.217,89 euros para mellorar a seguridade peonil

Viernes, 04 de junio de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da realización das obras correspondentes á execución dunha senda peonil entre Outeiro, en Bugallido, e Costoia, na parroquia de Biduído. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Gestal y López SL por un importe de 135.217,89 euros (IVE incluído). Esta obra vén a atender unha antiga demanda da veciñanza destas parroquias. Está sufragada con cargo ao Plan complementario POS+ 2019 da Deputación da Coruña.

O Concello de Ames executará, con cargo ao Plan complementario POS+ 2019 da Deputación da Coruña, unha senda peonil de 1.115 metros de lonxitude que unirá as aldeas de Outeiro, na parroquia de Bugallido, e Costoia, na parroquia de Biduído.

Esta previsto que a senda se divida en sete treitos de 60x2,50; 220x1,50; 30x2,50; 100x1,50; 325x2,00; 220x2,00 e 160x1,00 metros, con colocación de 1.335 metros de bordo de formigón prefabricado (1.115 metros entre senda e calzada e 220 metros exterior para protección de taludes), dez centímetros de saburra de canteira e doce de formigón, incluso mallazo e xuntas de dilatación, previa execución de movemento de terras preciso.

Previo á execución do pavimento preténdese a canalización de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e a execución de 32 pozos de rexistro con sumidoiro para a recollida de augas pluviais, e canalización de tubo de polipropileno verde para iluminación pública, todo elo previa escavación dunha gabia e posterior recheo compactado da mesma.

Asemade, inicialmente contémplase a construción dun muro de bloques de granito de 100 metros de lonxitude e 1 metro de alto, para a contención de terras, e a colocación de varanda metálica para protección. Por outra banda, a obra contempla a reposición do pavimento afectado pola execución das obras e unha partida para a adaptación de pozos e arquetas existentes á nova rasante e o traslado de postes.

Vella demanda veciñal
Esta obra vén a atender unha antiga demanda da veciñanza dos lugares de Outeiro e Quistiláns, na parroquia de Bugallido; e Framil e Costoia, na parroquia de Biduído; porque mellorará notablemente a seguridade peonil nesa estrada que comunica co veciño concello de Santiago de Compostela. E, con esta mellora permitirase o tránsito peonil entre os núcleos e, polo tanto unha mellor comunicación.

Para o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García esta obra “vén a unirse a outras que levamos realizando xa no noso concello, tanto no anterior mandato como no actual, e que consiste na canalización de cunetas para a construción de sendas peonís”.

A senda da Condomiña; a de Vilouta na parroquia de Tapia; Eirapedriña e Framán na parroquia de Bugallido; Biduído de Abaixo; primeiro tramo da estrada de Lapido, etc. que xa foron construídas, xunto coas sendas de Sisalde a Agro do Muíño; e Lapido a Maguxe en Ortoño; Ventín a Coira en Biduído; xa proxectadas e presupostadas, forman parte da futura rede de conexión peonil de núcleos do concello. Blas García explica que “con esta rede peonil pretendemos unir e darlle conexión peonil a diferentes núcleos do noso municipio para facilitar o tránsito a pé con seguridade”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El rural de Ames tendrá una senda entre Outeiro y Costoia"

El Correo Gallego: "Vecinos de Outeiro se unen por senda con los de Costoia"

Senda de Outeiro a Costoia
Descargas: