Solapas principales

Éxito da terceira edición da Feira do Monte que rompe os rexistros das dúas anteriores

Martes, 28 de noviembre de 2023

Este sábado sábado, 25 de novembro, tivo lugar a terceira edición da Feira do Monte no campo da festa da parroquia amesán de Trasmonte. Estímase que houbo unha afluencia superior ás 1.000 persoas durante o transcurso da xornada. O evento acadou unha vez máis o seu obxectivo de por en valor os oficios e produtos ligados ao monte. Os visitantes puideron probar unha ampla gama de produtos gastronómicos, dende froitos secos e aceites galegos ata degustacións de pans e miniburguers de carne vacún gourmet. Ademais, houbo unha exposición de cogomelos durante todo o día. Premendo nesta ligazón podes accede a unha galeria e fotos da feira do monte.

O evento, inicialmente previsto para o 4 de novembro e adiando por mor do temporal de choiva e vento, tiña como obxectivo poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte. A Feira do Monte ‘Tanto monte, monte tanto’ consolídase como unha excelente oportunidade para descubrir produtos locais e gozar dunha xornada chea de tradición e sabor. A iniciativa, organizada polo Concello de Ames, contou co respaldo do Mercado da Deputación da Coruña.

Ao evento asistiu o alcalde de Ames, Blas García; a deputada provincial, Natividade González, en representación da Deputación da Coruña, así como varios membros do goberno municipal e do resto de grupos municipais da Corporación municipal.

“A feira acadou unha vez máis o seu obxectivo de por en valor os oficios ligados ao monte, suliñando a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte galego”, asegura Blas García, alcalde de Ames, que confía en “consolidar esta cita e facer que siga medrando nos próximos anos”.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, valorou de forma moi positiva esta edición e resaltou as boas sensacións coas que marcharon os expositores, que contaron cun gran número de persoas nos seus postos e cuxas expectativas se viron totalmente sobrepasadas. Antelo expresou que “o éxito da xornada constata que este tipo de eventos despertan interese e moven moita xente” e que o Concello de Ames “seguirá apostando forte por unha feira que vai camiño de converterse en tradición”.

Segundo o persoal da Concellería, estímase que a afluencia deste ano triplicou a da anterior edición superando o millar de persoas.

Expositores participantes
O evento contou con 17 expositores de Ames e outros concellos galegos e ofreceu unha ampla variedade de actividades. Os amantes da apicultura puideron gozar da exposición de colmeas tradicionais e modernas, así como da cata de meles e outros produtos apícolas. A ‘Castaña de Galicia’ tamén tivo un lugar especial, onde compartiuse a súa historia e tradición cos asistentes

Deste xeito, nesta edición da Feira do Monte contouse coa presenza de Rocigarcia (cerería), Castrexa (agricultura), Silvereira (bixutería en madeira), Comeluz (impresión gráfica en madeira), Cabanas Rural (la artesá de ovella galega con denominación de orixe), Jose Manuel Prado (artesá que elabora traballos en madeira), Discarlux (carne grumete), Toxo Xel (cosmética natural), Panadería Xallas (degustación de pans), Cienporcel (elaborados de porco celta), Boibel (viveiro forestal), Aceites Abril (aceite galego), Castañas de Galicia (produtos derivadas da Castaña IGP - Castaña de Galicia), Malas Herbas (xoiería con materiais naturais), Asociación Galega de Apicultura, Fento no vento (xoias naturais) e Taberna Casa Abelleira (alimentación).

Música, exposicións e degustacións
O evento tamén deu espazo ás artesanías, exposicións de resinas e a un apartado especial para a cosmética e tratamentos naturais, onde se mostrarán cremas, locións e ungüentos terapéuticos. Dese xeito, ao longo da xornada houbo demostracións continuadas sobre traballos de torneado da madeira, a cargo de Jose Manuel Prado; degustación de pan da panadería Xallas; de mel da Asociación Galega de Apicultura; de roxóns da Taberna Casa Abelleira; e de carne de porco celta a cargo de Cienporcel. Durante toda a xornada non faltarán as tradicionais castañas asadas.

Discarlux fixo unha degustación de pequenas hamburguesas (carne grumete) de 13:30h a 15:00 horas; e pola tarde houbo unha degustación de cogomelos, de 18:00h a 19:00 horas, a cargo de Manuel Rey, do restaurante Kratos, recoñecido hostaleiro que ofreceu recomendacións sobre a preparación e cociñado de cogomelos, mentres preparou un risotto de fungo que se desfrutou xunto con empanada de cogomelos.

A feira tamén contou cunha exposición de cogomelos e expertos nesta materia, que guiaron aos asistentes na diferenciación dos distintos tipos de fungos e a comestibilidade ou toxicidade dos mesmos. A musica tradicional foi cargo do grupo Follas Novas.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Máis dun milleiro de persoas visitou a III Feira do Monte"

Imaxe da terceira edición da Feira do Monte

Multimedia

  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte
  • Imaxe da terceira edición da Feira do Monte