Solapas principales

Éxito de participación nas II Xornadas de saúde mental, celebradas esta fin de semana

Lunes, 15 de mayo de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organizou este sábado, 13 de maio, as II Xornadas de saúde mental, que nesta ocasión xiraron arredor do benestar emocional na terceira idade e o envellecemento activo. O evento, que contou cunha mesa redonda, dúas conferencias e dous talleres prácticos, reuniu a 80 participantes presencialmente, e outras 76 seguiron as actividades a través da retransmisión por streaming da canle de Youtube do Concello.

Esta fin de semana celebrouse, por segundo ano consecutivo, unha nova edición das Xornadas de saúde mental. Unha vez máis, o acto contou cunha gran acollida. Asistiron de xeito presencial arredor de 80 persoas, mentres que ao longo da mañá conectáronse a través do streaming da canle do Concello de Ames outros 75 participantes. Dende a Concellaría de Benestar Social destacan a satisfacción e a implicación de todos os asistentes.

A xornada deu comezo arredor das 9:30 horas da mañá, coa apertura e a recepción de documentación. A continuación, tivo lugar a primeira mesa redonda, moderada pola técnica de Promoción da Saúde do Concello de Ames, Rosana Martínez, “A participación social como experiencia de envellecemento saudable”. Nela interviron Rubén Ramos, responsable técnico municipal de voluntariado da Concellaría de Benestar Social de Ames; Manuela Fraguela, Presidenta da Plataforma de Pensionistas de Compostela; e Juan Carlos Cancela, Alumno do IV Ciclo USC e titor de novo alumnado da terceira idade que se incorpora á universidade.

A media mañá desenvolvéronse as dúas conferencias: a primeira, sobre saúde sexual e o amor como fonte de vida, foi protagonizada por Santiago Frago, director médico no Instituto Amaltea de Sexoloxía; mentres que a segunda, que xirou arredor do envellecemento saudable, correu a cargo de Sara Marsilla, doutora en Psicoloxía pola USC.

Pola tarde, os asistentes puideron escoller entre dous obradoiros que se celebraron de xeito simultáneo: “Alimentación e actividade física para envellecer de forma saudable”, e “Mitos e falsas crenzas na sexualidade das persoas maiores. A viuvez, outra etapa para afrontar”.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Máis de 150 persoas seguiron as II Xornadas de Saúde Mental de Ames"

Imaxe dos relatores e presentadores das II Xornadas de saúde mental do Concello de Ames

Multimedia

  • Éxito de participación nas II Xornadas de saúde mental, celebradas esta fin de semana