Solapas principales

Éxito e medallas para os atletas de Ames no Campionato Galego de Atletismo

Martes, 13 de octubre de 2020

Esta fin de semana disputáronse nas pistas de Pontevedra os Campionatos Galegos de Atletismo ao aire libre das categorías SUB 14 y SUB 16. 27 atletas representaron a Ames conseguindo uns resultados exitosos nas competicións. Ames Atletismo presentou a 4 dos seus atletas logrando 4 medallas en 5 participacións na segunda temporada de vida do club. Por outro lado, o Club Atletismo MillaRaio competiu con 23 atletas recollendo 12 medallas.

Os Campionatos Galegos de Atletismo ao aire libre das categorías SUB 14 y SUB 16 celebráronse esta fin de semana en Pontevedra. Os atletas de Ames representaron ao Concello a través dos dous clubs conseguindo ambos numerosas medallas e resultados exitosos.

Ames atletismo presentou o sábado, na categoría Sub 16, a Mario Vilar que participaba en dúas probas, lanzamento de disco e salto de lonxitude logrando o bronce en ambas probas cunha fantástica actuación.

Nesta mesma categoría, Mateo Posse lograba o subcampionato galego no lanzamento de xavelina mellorando a súa marca en 11 metros.

Na xornada do domingo participaban outros dous atletas. No lanzamento de xavelina, Gonzalo Aguín debutaba na especialidade cunha meritoria actuación e, no lanzamento de martillo, Bruno García debutou proclamándose subcampión galego.  

Deste xeito,  Ames Atletismo lograba 4 medallas en 5 participacións na segunda temporada de vida do club.

Por outro lado, o Club Atletismo MillaRaio presentou a 23 atletas (15 sub16 e 8 sub14), recollendo un total de 12 medallas ademais de moitas melloras de marcas persoais.

Destaca a actuación de Daniel Cariñena, que recolleu dous ouros proclamándose campión galego dos 100m e de lanzamento de disco sub16. Dúas pratas obtivo David Moreno en 3000m marcha e salto con pértega sub14, sendo Pablo Cariñena prata en disco sub14 e bronce nos 80m, e Nuno Castro bronce en xavelina e salto de lonxitude. Alejandro Jiménez foi bronce en 300m (e terceiro na súa semifinal dos 100m sub16), Alfonso Labella bronce en xavelina e 5º en martelo sub16, Pablo Leiva bronce en lanzamento de peso sub14 e 6º na súa semifinal de 80m, e Nadir Moreira bronce en 3000m marcha e 6º en xavelina sub14.

Na categoría sub16 participaron ademais David García (4º en altura e 5º en triple salto), Salomé Segade (4ª en 3000m marcha), Valeria Batire Guridi (4ª en 3000m), Asier Cabo (4º en lonxitude e desafortunadamente sen marca no triple salto), Álvaro Francos (4º en pértega e 6º na semifinal dos 100m valos), Noel Ferraces (5º en lonxitude e 7º na semifinal de 100m valos), Matías Barca (6º en 100m e 7º en 100m valos), Lucas Dagnac (7º en 1500 obstáculos e 8º na semifinal de 100m valos), Ángela Eiras (5ª na semifinal de 100m e 8ª en triple salto), Pablo Crespo (6º na semifinal de 100m e 7º na semifinal de 100m valos), Noa Piñeiro (7ª na súa serie de 1000m) e Daniel Bouzas (8º en lanzamento de peso).

Na categoría sub14 competiron tamén Laura Sanz (3º na súa serie en 80m e 8ª en lanzamento de peso), Carlos Álvarez (3º na súa serie en 80m) e Jorge García (4º na súa serie de 80m).

Destacar, por outra parte, as dúas medallas do atleta sub14 Álex Cabo, que aínda non ten licenza polo club pero xa adestra co MillaRaio desde setembro, e foi ouro e campión galego en peso e bronce nos 150m.

Novas relacionadas:

Revista AmesGo: "Éxito do deporte xuvenil de Ames no Campionato Galego de Atletismo"

El Correo Gallego: "Éxito para os atletas amesáns no Campionato Galego de Atletismo"

Club MillaRaio. Medalla de Ouro 100 metros. Daniel Carinena

Multimedia

  • Medallistas de Ames Atletismo.
  • Club MillaRaio. Alejandro Jiménez Bronce 300m.
  • Club MillaRaio. Álex Cabo. Bronce 300
  • Club MillaRaio. Alex Cabo ,Ouro, e Pablo Leiva, Bronce Peso.
  • Club MillaRaio. Alfonso Labella, Bronce Xavelina.
  • Club MillaRaio. David Moreno, pértega.
  • Club MillaRaio. Nuno Castro, Bronce xavelina.
  • Club Millaraio. Ouro 100m Daniel Carinena.
  • Club MillaRaio. Ouro Disco Daniel Carinena.
  • Club MillaRaio. Pablo Carinena, bronce 800m.
  • Club MillaRaio. Pablo Carinena, Prata Disco.
  • Club MillaRaio.David Moreno e Nadir Moreira, 3000 Marcha.