Solapas principales

Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal

Sábado, 11 de mayo de 2024

O campo da festa de Bugallido acolleu este sábado, 11 de maio, a segunda edición da Feira do Pan e do Cereal, para poñer en valor un produto esencial na gastronomía, na tradición e na cultura galega, a través de exposicións, charlas, obradoiros e degustacións. A través desta feira búscase animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada; cultivos que noutros momentos quedaron relegados e que agora teñen unha grande oportunidade de triunfar da man da recuperación e valoración do pan tradicional. As charlas e os obradoiros foron de balde e con entrada libre ata completar aforo. Houbo unha gran afluencia de público durante toda a xornada. Os obradoiros e mesas redondas tamén rexistraron unha boa participación. Pódese acceder á galería da feira premendo nesta ligazón.

A apertura da II Feira do Pan e do Cereal realizouse ás 11.00 horas. A través de exposicións, charlas, obradoiros e degustacións, a Feira tratou de ser un referente dentro do seu sector, difundindo a longa tradición panadeira e a gran variedade de pans vencellada á diversidade das paisaxes e dos ingredientes, subliñando a importancia deste produto recoñecido como Indicación Xeográfica Protexida (IGP).

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que nesta feira “ponse en valor tanto os produtos como os bos profesionais que temos no concello. Tralo éxito de participación das dúas edicións que levamos celebrado, temos intención de continuar con esta iniciativa, para conservar a tradición panadeira do concello e promocionar a calidade do pan que se elabora aquí”.

O concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinalou que “a celebración desta segunda edición da feira demostra que seguimos traballando para poñer en valor este produto tan noso, con tanta tradición no concello de Ames”. Así mesmo, agradeceu a colaboración e implicación das panaderías e establecementos participantes “que nesta feira buscan poñer en valor a calidade dos seus produtos”.

Obradoiros, mesas redondas e gympana
O programa proseguiu ás 11:30 horas, coa mesa redonda “Pan e Alimentación” no Centro Cultural A Maía, na que participaron varios panadeiros. As actividades deste evento, que forma parte da programación da Aula da Natureza, continuaron ás 13:00h cun obradoiro de elaboración de empanadas e empanadillas a cargo da panadería Chus Sande, de Obradoiro Artesanal. Posteriormente, ás 13:30 horas, houbo unha sesión vermú, no campo da festa de Bugallido, a cargo do grupo amesán Follas Novas.

Ao mediodía fíxose unha descanso para poder xantar. Houbo unha cantina onde as persoas que quixeron puideron dispoñer de comida e bebida. No campo da festa de Bugallido instaláronse mesas e cadeiras onde as persoas que quixeron puideron comer.

Pola tarde, ás 16:30 horas comezaron as actividades cunha GYMPANA para o público infantil, que se realizou no campo da festa de Bugallido. Nela a rapazada tivo que reunir, a través de distintas probas, os ingredientes necesarios para elaborar pan. A esa mesma hora, ás 16.30h, realizouse un obradoiro de masas doces e salgadas, a cargo do Forno da Barcia e da Panadería Xallas.

Seguidamente, ás 18:00 horas, El Rincón Siciliano ofreceu un obradoiro para aprender a elaborar masas de pizza artesanais. O programa desta segunda edición da Feira do Pan e do Cereal pechouse ás 19.00 horas, no miradoiro do campo da festa de Bugallido, coa actuación do grupo Alana Trío, que gañou o premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.

Expositores de degustacións e venta de produtos
Paralelamente a esta programación, durante toda a xornada houbo unha exposición de cereal no Local social da Agraria a cargo de Villa Regina, así como expositores de degustacións e venta de produtos de diversos establecementos do concello. Os establecementos que participaron na feira con expositores foron: Panadaría Xallas; Chus Sande, de Obradoiro Artesanal; Panadería Bastavales, Pan de Leis, Forno da Barcia; Pastelería e Bombonería Miguel Ángel; Pan da Moa; Muíño de Cuíña; e Panadería La Salud.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames exalta el valor del producto y de los profesionales locales en la segunda Feira do Pan e do Cereal"

El Correo Gallego: "Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na segunda Feira do Pan e do Cereal de Bugallido"

Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal

Multimedia

  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal
  • Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na II Feira do Pan e do Cereal