Solapas principales

As exposicións de Xela Arias xa se poden visitar en escaparates e na Casa da Cultura de Bertamiráns

Miércoles, 12 de mayo de 2021

Dende este mércores, 12 de maio, os veciños e veciñas de Ames poderán gozar da exposición “Xela Arias, desde nós en ti” en escaparates de Bertamiráns e do Milladoiro. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES Plurilingüe de Ames e editados pola Concellaría de Normalización Lingüística, estarán expostos ata o 31 de maio. Ademais, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle, desde hoxe mesmo,  a exposición “Abecedáriome”, premiada na categoríoa B do concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

O alumnado do IES de Ames foi o encargado de darlle forma ás dúas exposicións que complementan a programación do Concello de Ames para conmemorar o Mes das Letras. As actividades para dar a coñecer a Xela Arias, a poeta sarriá homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano, inaugúranse hoxe coa exposición “Xela Arias, desde nós en ti” en escaparates do Milladoiro e de Bertamiráns. Trátase de 22 láminas con versos escolmados e ilustrados polo alumnado do IEs de Ames. No Milladoiro poderase visitar na rúa de Anxeriz  e en Bertamiráns está repartida entre a Praza da Maía a Praza do Concello e as rúas do Ameneiral, de Entreríos e do Alcalde Lorenzo.

Ao pé desta nova poden descargarse as láminas que conforman a exposición para que outros establecementos ou calquera persoas interesada poida imprimilas, expoñelas ou utilizalas como mellor considere.

“Abecedáriome”, exposición premiada que pode visitarse na Casa da Cultura de Bertamiráns

Desde hoxe e tamén ata o 31 de maio pódese visitar outra mostra dedicada a Xela Arias e cedida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A exposición “Abecedáriome”, premiada no concurso-exposición Letras Galegas 2021 que convoca anualmente a  Xunta de Galicia, trata sobre a vida, a obra e a época de Xela Arias e foi realizada polo alumnado do IES de Ames en colaboración cos departamentos de Lingua galega e Plástica.

Carlos Negro, escritor e profesor do IES de Ames, moi satisfeito co resultado e co premio asegura que: “Nós, coa motivación de tratar unha autora contemporánea, decidimos, en dúas materias optativas que había en segundo de bacharelato, Literatura Galega do século XX e Técnicas de expresión gráfico-plásticas, atrevernos a presentarnos ao concurso que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística e intentar traballar co alumando a figura de Xela Arias”.

A mostra consite nun harmonioso conxunto de 10 carteis que destacan pola súa modernidade e pola acertada selección da información, ademais da súa unidade, perfección técnica e calidade lingüística.

Esta exposición compleméntase cunha unidade didáctica que xunto coa versión virtual da exposición e outros materias como regras ou marcapáxinas se  distribuíu por todos os centros educativos de secundaria e bacharelato de Galicia e que permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía, da obra e da época da autora a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas. Todos os materiais poden descargarse nunha versión de alta calidade no portal da lingua galega ao que podemos acceder a través da seguinte ligazón.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Xela Arias demostra este ano a beleza do galego na literatura"

 concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, visitou a mostra de Xela Arias que está na Casa da Cultura de Bertamiráns

Multimedia

  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias
  • Exposición Xela Arias