- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, realizou unha enquisa entre as familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares de Ames. Dita enquisa foi solicitada no Consello Sectorial de Educación. A través da consulta obtivéronse 172 respostas, nas cales a maior parte das familias se mostran satisfeitos coa amplitude do horario de xantar, relación calidade/prezo, variedade e equilibrio do menú, cantidade dos alimentos, trato dos/as monitores/as cara os/as alumnos/as, co persoal que atende no comedor, nivel de satisfacción do alumnado coa comida, limpeza e hixiene, organización nas saídas, información facilitada ás familias, coas actividades que se realizan antes ou despois do xantar, e co trato do monitor/a co alumnado e familias. Tamén se deu a posibilidade e achegar comentarios para mellorar a calidade do servizo e observacións. Por último, pediuse unha valoración do servizo sendo a nota media un sobresaínte.
A Rede municipal de comedores escolares de Ames é un modelo de xestión para moitos concellos galegos e do Estado, pero co obxectivo de seguir mellorando na xestión e organización de dito servizo, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, realizou unha enquisa entre as familias usuarias que obtivo 172 respostas nas cales a maior parte das familias din estar moi satisfeitos co servizo que se ofrece. As enquisas realizáronse entre as familias que empregan o servizo de comedor escolar nos CEIP Agro do Muíño, Barouta, A Maía; no CEP de Ventín; na EEI Milladoiro; e nas escolas unitarias de Covas e Ortoño.
Deste xeito, preguntouse por varios aspectos de funcionamento e organización dos comedores escolares e do programa Bos días cole. Preguntouse pola amplitude do horario de xantar, relación calidade/prezo, variedade e equilibrio do menú, cantidade dos alimentos, trato dos/as monitores/as cara os/as alumnos/as, co persoal que atende no comedor, nivel de satisfacción do alumnado coa comida, limpeza e hixiene, organización nas saídas, información facilitada ás familias, coas actividades que se realizan antes ou despois do xantar, e co trato do monitor/a co alumnado e familias.
Das 172 respostas recibidas, o 85,5% das respostas son familias usuarias do servizo de comedor, un 1,70% empregan o programa Bos días coles e o 12,80% empregan ambos servizos. Os centros de ensino nos que se obtivo maior número de respostas foron o CEIP Agro do Muíño co 27,90%, seguido do 25,60% do CEIP A Maía, 19,20% da EEI Milladoiro, e o 16,30% do CEP de Ventín. As respostas recibidas foron de familias con fillos e fillas de 3 a 10 anos. Aquí a porcentaxe de resposta é moi similar aínda que o grupo de idade con maior resposta foi o alumnado de 5 anos.
Sobre a frecuencia de asistencia ao servizo de comedor escolar, o 95,90% di que empregan este servizo todos os días. En canto ao motivo de asistencia e practicamente unánime que os rapaces e rapazas asisten debido á conciliación da vida familiar e laboral. A segunda opción é para intentar que os rapaces e rapazas almorcen ben e coman de todo. Outras opcións dadas tamén son para mellorar no proceso de socialización, porque van os seus amigos/a se para que desfruten máis cos seus amigos/as.
Tamén se deu a posibilidade de achegar comentarios para mellorar a calidade do servizo e observacións. Nos comentarios principalmente solicitouse recuperar a flexibilidade nos horarios de recollida, que foron establecidos durante a pandemia. Por último, pediuse unha valoración do servizo. As notas máis dadas foron 10, 9, 8, 7 e 6, por esta orde, obtendo unha nota media de sobresaínte.
O concelleiro de Educación, David Santomil, destaca “o nivel de satisfacción das familias usuarias do servizo de comedores escolares é alto, aínda así trataremos de mellorar aqueles aspectos nos que as familias están menos satisfeitas. A pesar de ter que superar os dous anos máis duros na xestión e adaptación da rede de comedores debido á pandemia, estamos moi satisfeitos co traballo e xestión que se está a facer deste servizo municipal”.
Proxecto educativo
Os servizos complementarios de educación e conciliación, no que está incluída a Rede Municipal de Comedores Escolares, teñen como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. O servizo da rede de comedores escolares, un servizo xestionado directamente polo Concello, está dirixido ao alumnado de infantil e primaria.
Con este programa realízase por unha parte un servizo público, facilitando aos cidadáns a conciliación da vida laboral e familiar e por outra, un proxecto educativo no que o obxectivo é que o alumnado aprenda hábitos alimentario sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.
Ademais da Rede de comedores municipal, o Concello de Ames ofrece outros servizos de conciliación durante o curso escolar. Trátase dos programas Bos Días Cole e Tardes divertidas, que se desenvolven tamén en cinco centros educativos como son o CEIP A Maía, o CEIP Agro do Muíño, no CEIP de Barouta, no CEP de Ventín e na EEI Milladoiro.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Familias y usuarios puntúan con un sobresaliente a su comedor escolar"