- Tematica
Os veciños e as veciñas de Ames terán que agardar a que o tempo dea unha tregua para gozar de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz na “Fase Festa” programada polo AmesON para este xoves 5 de agosto.
O tempo deste atípico mes de agosto obriga a aprazar a “Fase Festa”. A novena cita do AmesON aínda non ten data. Con todo, esta pequena verbena con música e humor encherá o Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, das voces e do humor de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz cando o tempo o permita.
A Concellaría de Promoción Económica puxo en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
O noveno concerto do AmesOn, dos trece que están programados, era o de “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", serán os protagonistas desta pequena festa onde a música e o humor están asegurados.
O concerto Aires de Orinoco programado para este domingo 8 de agosto, tamén, se vai aprazar.