Solapas principales

Inaugurase o novo local social de JUPEMI

Lunes, 17 de enero de 2011

[17-01-2011] Onte pola tarde tivo lugar o acto de inauguración do novo local social do Club de Jubilados y Pensionista del Milladoiro (JUPEMI). A este acto asistiron o alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, e o presidente da devandita asociación, Manuel Montero. O novo local ten un emprazamento moi céntrico, xa que está situado na rúa Figueiras, e conta cunha superficie aproximada de 200 metros cadrados. O cambio de local realizouse despois de que no Pleno do mes de decembro se aprobase un convenio de colaboración entre o Concello de Ames e o Club de Jubilados e Pensionistas de O Milladoiro (JUPEMI) mediante o cal a Administración local comprométese a aboar a cantidade de 1.200 euros mensuais para sufragar o aluguer deste local. A través deste convenio o Concello poderá empregar este local para desenvolver diferentes actividades municipais. As fotos que podemos ver con esta nova foron cedidas por un dos integrantes deste club, Ramón Álvarez.

O Concello de Ames desenvolve a través da concellaría de Sanidade, Benestar Social e Igualdade, unha intensa programación de actividades orientadas de xeito específico ao colectivo dos maiores. Ademais existen unha serie de colectivos e asociacións que colaboran co Concello de Ames para impulsar e desenvolver este tipo de actividades.

Un claro exemplo disto é o Club de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro. JUPEMI é unha asociación sen ánimo de lucro e o seu obxectivo é atender ás necesidades dos maiores de Ames. O Concello de Ames colabora estreitamente con esta asociación poñendo a súa disposición un local onde pode desenvolver diferentes actividades. Tamén colabora na organización das actividades municipais como os bailes de maiores, onde o concello lles dá servizos de difusión e deseño da actividade xunto a atención dos asistentes durante a celebración da actividade. O Concello de Ames contribúe nos cursos dirixidos de xeito específico aos maiores, tamén nas excursións onde presta os seus servizos de organización, programación e desenvolvemento das mesmas.

Ante a falta de espazo a directiva do Club de Jubilados y Pensionista do Milladoiro, a primeira de todo o termo municipal integrada exclusivamente por membros da terceira idade e que conta xa con máis de 300 integrantes, solicitoulle ao Concello a súa colaboración para o aluguer dun local onde poder desenvolver a súa actividade. O inmoble seleccionado ten un emprazamento moi céntrico, xa que está situado na rúa Figueiras, e conta cunha superficie aproximada de 200 metros cadrados.

Despois de que no Pleno ordinario do mes de decembro se aprobase un convenio de colaboración entre o Concello de Ames e a devandita asociación, onte tivo lugar o acto de inauguración da nova sede do Club de Jubilados y Pensionista do Milladoiro. A esta acto asistiron o alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel González, e o presidente da devandita asociación, Manuel Montero.

A través deste acordo o Concello comprométese a aboar a cantidade de 1.200 euros co fin de sufragar o aluguer deste local onde poderán desenvolver diferentes actividades. A vixencia deste convenio comezará de xeito inmediato e terá valor ata o 31 de decembro de 2012. Este convenio suporalle ao Concello un gasto total de 28.800 euros correspondente aos exercicios 2011 e 2012.

Actividades municipais

Ademais este local servirá para albergar diferentes actividades municipais. Durante a vixencia do convenio, o Club comprométese a prestar o local da asociación para as actividades que o Concello precise desenvolver, durante un mínimo de tres días á semana, e por un espazo de dúas horas cada día. Os días e as horas concretas no que haxa de ter lugar este uso serán comunicadas ao club cunha antelación de dúas semanas. Sen prexuízo disto, o club permitirá ao concello a utilización do local en todas as ocasións en que así o requira, sempre que este non tivera previamente programada unha actividade, e sempre que esta non puidera ser proposta.

Así, a asociación comprométese a colaborar na organización dos bailes de maiores que teñan lugar na localidade de O Milladoiro, poñendo a disposición do Concello aos seus membros para servizos tales a difusión e deseño da actividade e atención dos asistentes durante a celebración da actividade. Nesta local tamén se organizarán cursos dirixidos de xeito específico aos maiores. A asociación pon o seu local a disposición do Concello para o desenvolvemento de accións formativas que teñan como destinatarios aos maiores, e asesorará acerca das necesidades do colectivo nesta materia, poñendo a súa organización á disposición do Concello para o seu deseño, así como para a impartición daquelas nas que puidera existir algún membro da asociación capacitado para exercer como docente.

Por último o Club pon a disposición do Concello a súa organización para a colaboración en funcións de programación, organización e desenvolvemento das excursións desenvolvidas desde o municipio, nos termos que estime oportuno. Ademais, a través do convenio subscrito o Club debe reservar un oco para a información municipal na revista que vai editar esta asociación e servir de canle de comunicación e interlocución entre o Concello e o colectivo de maiores do Milladoiro.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "La Asociación Jupemi se traslada a un local más amplio en O Milladoiro"
El Correo Gallego: "La Asociación Jupemi se traslada a un local más amplio en O Milladoiro"
El Correo Gallego: "La Asociación Jupemi se traslada a un local más amplio en O Milladoiro"
El Correo Gallego: "La Asociación Jupemi se traslada a un local más amplio en O Milladoiro"
El Correo Gallego: "La Asociación Jupemi se traslada a un local más amplio en O Milladoiro"