- Tematica
A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de andainas saudables cunha nova actividade pola ruta das Leiteiras, situada no concello de Carnota. Esta ruta que se realizará o vindeiro sábado, 30 de abril, ten unha distancia aproximada de 9 quilómetros. As persoas que desexen participar poden inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves, 28 de abril, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 9:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. Ofértanse 50 prazas para esta actividade.
A Concellaría de Promoción da Saúde organiza unha nova andaina para este sábado, 30 de abril. Nesta ocasión será pola ruta das Leiteiras que discorre polo concello de Carnota. Esta era o camiño que facían as mulleres da zona para ir vender leite e outros produtos. Trátase dunha ruta con alto valor patrimonial e que conta coa presenza de moitos vestixios prehistóricos. Os/as participantes nesta andaina terán que andar uns 9 quilómetros aproximadamente, polo que se recomenda levar roupa e calzado cómodo.
A concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, explica que “o programa de andainas saudables continúa o sábado, 30 de abril, cunha nova actividade que percorrerá a coñecida como ruta das Leiteiras. Neste caso desprazámonos ata o concello de Carnota para percorrer 9 quilómetros por lugares de alto valor paisaxístico e patrimonial. Este era o camiño que facían no pasado as mulleres da zona para ir vender leite e outros produtos”.
As persoas interesadas en realizar esta ruta, poden apuntarse ata o día 28 de abril, ás 14.00 horas, enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 9:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. Ofértanse 50 prazas para esta actividade.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Convocan a andaina pola ruta das Leiteiras carnotá"