Solapas principales

Inscríbete e participa no I Torneo 3x3 de baloncesto de Ames

Jueves, 01 de agosto de 2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para o venres 9 de agosto a primeira edición do Torneo 3x3 de baloncesto. Será de 16.00 a 21.00 horas na área deportiva de Bertamiráns, xunto ao pavillón polideportivo. Haberá cinco categorías diferentes: U13 mixto, U17 masculino, U17 femenino, sénior masculino e sénior feminino. Este torneo completa a programación das festas da Peregrina, en Bertamiráns, que se celebrarán dende o mércores 7 ata o domingo 11 de agosto. Para participar é necesario inscribirse premendo nesta ligazón. A inscrición é gratuíta. As inscrición pódense tramitar ata o 7 de agosto ás 12.00 horas.

O Concello de Ames organiza para o vindeiro venres, 9 de agosto, a primeira edición do Torneo 3x3 de baloncesto. Dito torneo está organizado pola Concellaría de Deportes en colaboración con ADC 2+1. A ADC 2+1 nace a finais do ano 2023 coa intención de achegar e dinamizar o baloncesto por toda a xeografía galega pero principalmente na contorna de Santiago de Compostela e comarca. A súa intención é realizar actividades que axuden á integración dos/as mozos/as, á difusión do baloncesto e axudar a difundir a súa práctica, coa creación de campus, torneos, clínics e calquera tipo de actividade que axude a este propósito.

O torneo 3x3 de baloncesto desenvolverase de 16.00 a 21.00 horas na área deportiva de Bertamiráns, xunto ao pavillón polideportivo. Haberá cinco categorías diferentes: U13 mixto, U17 masculino, U17 femenino, sénior masculino e sénior feminino. Ao final do evento entregaráselle un trofeo aos/ás gañadores/as de cada categoría. Este torneo completa a programación das festas da Peregrina, en Bertamiráns, que se celebrarán dende o mércores 7 ata o domingo 11 de agosto.

Para participar é necesario inscribirse premendo nesta ligazón. A inscrición é gratuíta. As inscrición pódense tramitar ata o 7 de agosto ás 12.00 horas. Para a inscrición dos menores de idade é necesaria a firma do pai/nai ou dun titor para poder participar na competición. Outra opción é presentar unha fotocopia do DNI dun deles con firma e autorización de consentimento. Para dispor de máis información ou facer posibles consultas sobre dito evento pódese escribir ao enderezo de correo electrónico: adcdosmasuno@gmail.com.

Cartaz do I Torneo 3x3 de baloncesto de Ames

Multimedia

  • Cartaz do I Torneo 3x3 de baloncesto de Ames